Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Xénero e modelos literarios-nacionais

Por Joana Sabadell
Da State University of New York en Albany
:: O título completo do artigo é "As historias que nos contamos: Xénero e modelos literarios-nacionais", que cuestiona, desde o xénero, a conceptulización monolítica da nación.

- 07:03 19/12/2002
Tags:

...como muller non teño país. Como muller non quero ningún país. Como muller o meu país é todo o mundo. (Virgina Wolf, 1938) [nota 1]

Os estudios de xénero sinalaron a multiplicidade, a fluidez, as cualidades das identidades que deben ser contextualizadas e que son discutibles, socavando calquera posible noción dunha identidade primaria única e comprehensiva á que todas as demais deban subordinarse en calquera circunstancia e a calquera prezo (...). A investigación feminista sobre o nacionalismo cuestiona os supostos tradicionais, baseados nas dicotomías público-privado, sobre a forma e o lugar da político. A investigación feminista tamén revelou múltiples significados de “nación” -en canto ós seus membros, fronteiras e mitos sobre a súa orixe- e o modo en que eses significados están impregnados de nocións sobre a masculinidade e a femineidade (Ranchold-Nilsson e Tétreault, 4) [nota 2].

Destas dúas citas, e dos sesenta anos que as separan, dedúcese unha especie de continuum no cuestionamento feminista do nacional. Da de Virginia Wolf despréndese a radical desconfianza desde a perspectiva de xénero fronte ós modelos unitariomonolíticos de nación, que aínda no presente, nas súas diferentes gradacións, son os únicos que coñecemos. Nos proxectos de construcción nacional, sobre todo nos máis recentes, as mulleres tivemos, xunto ós homes, a responsabilidade na esfera política, profesional, educativa, etc. Pero ademais, xunto a estas,

...como nais coa responsabilidade de criar aos nenos e nenas, as mulleres son as productoras e transmisoras da cultura nacional (Ranchold-Nilsson e Tétreault, 6) [nota 3].

Se ben as mulleres tivemos en diferentes tempos e lugares unha responsabilidade fundamental nos diversos proxectos nacionais, a nación construíu ignorando as diferencias de xénero, de onde procedería o desarraigo de Wolf. Sen embargo, e como se deduce tanto da segunda cita como dos numerosos estudios que desde o xénero xiran arredor da teoría da identidade social (nacionalismos, comunidades, etc.), os intentos por chegar a imaxinar, a levar a cabo unha idea do nacional que acolla tanto a mulleres como a homes, continuaron ata o presente. Posto que a segregación non é posible, o esforzo intelectual, social e político diríxese cara á comprensión, a reformulación, a transformación desde a diferencia e a diversidade. É esta unha construcción que, como afirman Ranchold-Nilsson e Tétreault, pasa pola reescritura da nación a partir da coexistencia de múltiples identidades (sen impoñer a identidade única como modelo que non é) e por unha revisitación/transformación do nacional baseada precisamente no recoñecemento da diversidade xenérica e na conseguinte feminización da nación (que nos ha levar ó recoñecemento das demais diferencias sociais e á disolución das fronteiras, os límites e exclusións que operan desde o interior da domus).

Centrarémonos no caso de Cataluña desde a transición democrática e, concretamente, deterémonos, coas inevitables limitacións da reducida extensión deste artigo, na formación do canon literario, como conxunto modélico de historias que nos contamos e nas que nos recoñecemos (¿?), como paralelo do proceso de construcción da identidade colectiva/nacional. A miña proposta é que desde unha perspectiva feminista é tan incoherente política e culturalmente a defensa dunha identidade única, a etnia modelo, a lingua única, como o sería a defensa dos privilexios para un xénero unicamente.

En moitos dos países democráticos que empregan un modelo de nación non baseada no étnico (o seu fundamento radicaría nunha orixe, ancestro, raza común), nin no cívico multiétnico, senón no cívico/político unitario, pódese ser cidadán/á “en tanto que se acepten os valores comúns e se viva segundo os estándares e códigos básicos da comunidade nacional (por exemplo, Francia) cos que, mediante a decisión de vivir no país, se demostra unha filiación” (Brinker-Gabler e Smith, 9) [nota 4]. É dicir, en tanto que os acabados de chegar se asimilen.

Pero a noción de asimilación, posto que a ela se alude directamente mediante esta definición de como se chega a ser ciudadán/á nacional, é, canto menos, problemática. E atópase, ademais, na base dos conflictos que se derivan da categorización dicotómica entre ciudadáns e estranxeiros, nosoutros e eles, esoutro/esoutra con quen se convive e que, a miúdo, é depositario tanto imaxinaria como legalmente de todo o que parece non funcionar ben na “nosas” (¿de quen?) sociedades. A noción de asimilación tamén se atopa ata certo punto na idea de que as mulleres podemos ter éxito nunha sociedade androcéntrica en tanto nos cingamos ás leis, ós modelos, ás normas que teñen teoricamente en consideración (e como sabemos, nin sequera) as necesidades de parte da poboación; noutras palabras, en tanto que as mulleres “sexamos como”, diluíndo a diferencia xenérica, asimilándonos nun imposible.

O resultado máis palpable da “estranxeirización”, ese sinalar, ese crear, diferenciar esoutro/esoutra do “un” (onde se sobreentende o “un” como modelo e o outro/outra como desviación da norma) é tanto o sexismo como o racismo e a consideración de cidadáns de primeira e segunda clase, de cidadáns normativos e ciudadáns/ás que non se cinguen á norma (lembremos que España está na cabeza da Unión Europea en canto á diferencia salarial entre homes e mulleres). Na primeira volta das eleccións francesas, un de cada tres electores, para volver ó noso exemplo anterior, votou polo partido de Le Pen, quen, no seu programa (consideracións sobre o fracaso ideolóxico e organizativo dos partidos de esquerda á parte) percorre e leva ó extremo o mito fundacional común a tantos nacionalismos cívicos ou non: a idea de que existe un carácter nacional que preexiste e que cómpre conservar e defender da influencia destructora, infecciosa de quen non son... coma nós (cremos/cren ser). Este tipo de sentimentos colectivos (como todos aqueles que chantan os seus fundamentos no mito, no que nos serve de modelo sen permitir contraste coa realidade), son ben doados de manipular, como sabemos, e resulta no irracional medo ós outros, e, en termos de xénero, ás outras [nota 5].

A noción da asimilación tal como vimos vendo é conflictiva, entre outras razóns, porque

coas súas raíces no discurso do universalismo, opera unidireccionalmente. Asume a resolución da diferencia, a súa desaparición nun chegar a ser como, un chegar a ser o mesmo. Unha identidade nacional unificada, esencial e estable absorbe, refina e neutraliza a diferencia, pero permanece inalterada por esas diferencias. (...) Sen embargo os inmigrantes fan presentes as diferencias, manifestan diferencias nos comportamentos, a comida, na música e formas culturais, así como na psicoloxía... (Brinker-Gabler e Smith, 9-10). [nota 6]

Ás devanditas diferencias, os inmigrantes aportan a lingua como elemento cultural de primeira magnitude e que, ademais, é de importancia fundamental no caso específico da posta en práctica do nacional na Cataluña do presente, coa lingua como criterio central e onde o catalán adquiriu segundo moitos un carácter totémico. Pero, como conclúen Brinker-Gabler e Smith (10) [nota 7], “as diferencias son, en última instancia, irresolubles”. E proveñan de fóra ou de dentro de España e Europa, “os inmigrantes e os seus descendentes poden escoller non asimilarse senón manter a súa especificidade cultural, as súas linguas, os seus costumes, prácticas e relixións”(10).

Posto que a idea mesma de nación, tanto como os cidadáns e cidadás que a constitúen, é un concepto variable, flexible, un concepto que é e debe ser acomodable ás necesidades tamén variables destas e destes, pódese -podemos- escoller, desenvolver un modelo excluínte ou incluínte. Porque tal como afirman Ranchold-Nilsson e Tétreault (24), “os estudios feministas sobre nacionalismo poñen énfase nos modos en que as identidades nacionais son construccións sociais e se superpoñen a outras dimensións do eu” [nota 8] (a cursiva é miña), é dicir que apuntan a que esas identidades son unha construcción que ten (debería ter) que ver co desenvolvemento histórico, coas necesidades da cidadanía e non coa inmutabilidade/ irracionalidade do mito.

E nesta liña e deténdose agora na literatura catalana e na selección e canonización de textos en que deberiamos lernos, naqueles textos que constitúen unha gran parte das historias que nos contamos e que (re)producen a domus, vemos que o noso “parnaso nacional” (en terminoloxía de Marçal e Julià) desde unha perspectiva de xénero, non nos representa. Desde outras perspectivas, tal como intentamos mostrar, tampouco. E toda vez que a literatura, malia ir cedendo centralidade a prol dos medios de comunicación, aínda é considerada fundamental no proceso de definición da cultura nacional, o canon literario non é unha cuestión secundaria.

A cultura e literatura catalanas tiveron que defender a súa existencia, foron minorizadas e reducidas ó nivel do “outro”, do periférico, do que non pertence, e no presente e no futuro, non o esquezamos, terán que coexistir co esmagador emprego e influencia do español nos medios de comunicación, que desprazou en boa medida a literatura no papel de voceiros e productores de cultura e do discurso nacional. Pero, chegados a este punto, debemos reparar en se, no seu proceso de autodefinición, a sociedade e a cultura catalanas non o están levando a cabo mediante a imitación mimética doutros centros opresivos, desprazándose así desde aquelas impostas marxes cara ó centro marxinalizador. Nalgúns sentidos a normalización do catalán, no seu significado primeiro de “modernización”, converteuse en varios aspectos en “normativización”, no sentido de implantación de normas, deixando a moitos e, sobre todo a moitas, nas marxes, o que debería ser anatema para unha comunidade, á súa vez, minorizada.

En "Diferencia i/o normalización: la poesía catalana de los últimos treinta años", Marçal e Julià, partindo dunha postura manifestamente feminista e considerando como poesía catalana toda aquela escrita en catalán, independentemente do territorio, examinan a producción poética e a política editorial das tres últimas décadas, tanto en Cataluña como nas Illas Baleares e no País Valenciano. Mediante a súa análise das diversas poéticas masculinas e femininas, establecen paralelismos entre a consideración e conseguinte exclusión das mulleres como o outro do sistema binario: no que se carga positivamente un dos dous elementos do binomio masculino/femenino e converte esoutro feminino, e a súa conseguinte producción poética, en secundario, periférico, prescindible. De forma idéntica, consideran a subsidiariedade tanto da poesía escrita desde as periferias xeográficas da área barcelonesa -centro editorial e de decisión en detrimento das demais-, como as outras estéticas -as experimentais, visuais, oníricas- fronte ás maioritariamente narrativas. Esa desatención xeral é moito máis acusada no caso da poesía escrita por mulleres, que ademais se escribe en moitos casos desde fóra de Barcelona e que converte o seu recoñecemento –cando este se produce– nunha rareza, e contribúe a que a súa producción sexa así dobremente diferente/dobremente marxinalizada e periférica posto que non participa nin se comunica cos modelos estético/editoriais dominantes. Tal como establecen Marçal e Julià, neste sentido a literatura catalana sitúase á par das outras literaturas nacionais estatais (a española en castelán e a portuguesa, son os dous exemplos por elas citados) e non coas demais literaturas minorizadas do Estado, reproducindo o mesmo sistema exclusivista que a sitúa como literatura excéntrica no contexto das literaturas ibéricas. Por razóns diferentes en cada caso, as autoras consideran que a poesía galega e, sobre todo, a asturiana, son moito máis paritarias que a catalana, a xulgar polas antoloxías e estudios críticos existentes.

Como consecuencia do que Marçal e Julià denominan a obsesión normalizadora, o lugar do outro/ da outra, como vimos vendo, é considerado anormal, e en consecuencia ¿cal é o lugar que lle corresponde ó que non se axeita ó xénero modélico, á estética, á área xeográfica normativa? É relegado ás marxes; o resultado inmediato da normalización é a exclusión. E o que elas estudian en relación á poesía feminina en catalán, propoño estender ó resto da literatura producida en Cataluña.

Se nos fixamos no detalle, obsérvase a falacia excluínte -centro/ marxes, eu/outro, pertenza/non pertenenza- cando se estudia a producción poética feminina e as súas peculiaridades, que moitas veces se diferencia da masculina -aínda que non só, nin de modo fundamental- precisamente como consecuencia do afastamento das poetas dos centros xeográficos ou simbólicos de producción e decisión editorial. Se estendemos o argumento teórico, observaremos que, a miúdo, editoriais, críticos literarios, educadores e a política cultural en xeral parecerían embarcarse na posta en práctica do modelo da nación/estado monolítico, pasando por alto os problemas identitarios que iso conleva, e duplicando os errores que se cometen nestes cando non se recoñece a diversidade que os constitúen: no noso caso, os cataláns que non escriben en catalán, as mulleres escritoras afastadas dos centros de poder, en catalán e en castelán. E é que a pluralidade existente na nosa sociedade, sobre todo no lugar de encontros e desencontros que é especialmente Barcelona, e outras áreas metropolitanas, onde coexisten múltiples costumes, linguas, razas, relixións, xéneros, non se ve suficientemente representada na paridade xenérica; non se recoñece na práctica a diversidade étnica e/ou racial; non se prestixia o bilingüismo de feito, como unha das nosas grandes riquezas culturais.

Falar da planificación cultural e da literatura neste sentido, na súa relación coa política de Cataluña, obríganos a reflexionar sobre o obvio, é dicir sobre a non inmutabilidade dos textos de referencia das mesmas, sobre o feito de que as “referencias” vanse/ímolas facendo e sobre o proceso de monumentalización que leva a cabo cada comunidade e cada país, tamén o noso; e nos conduce por iso a preguntarnos quén son os artífices dese capital cultural [nota 9], quen pensan e escriben a nación e a cultura na que esta se recoñece e qué agardamos, qué queremos que éste sexa. Tamén dirixe a nosa memoria cara á necesidade de lembrar o que xa sabemos, polo menos desde Foucault, que discurso é coñecemento, e que, en consecuecia tamén é poder, do que se deriva a crucial necesidade de intervir na escritura, estar presentes nela, apropiarse cos demais da escritura da literatura que nos conta e da nación de todas e todos. Non podemos, pois, pasar por alto cómo se constrúen os sistemas de referencia, no noso caso os modelos literarios.

Neste sentido, no debate existente arredor da literatura e cultura catalanas en defensa da comuñón entre lingua e literatura ou á alianza entre literatura e sociedade, e en coherencia co devandito, avogo pola segunda opción. É dicir, e máis concretamente, pola consideración de que a literatura e a cultura son produccións sociais, e que dado que a sociedade catalana é bilingüe, así o deberían reflectir os textos de referencia, os textos que nos serven como modelo a mulleres e homes catalán e castelán falantes.

O poeta e crítico Enric Soria [nota 10] formúlase as preguntas que subxacen en calquera debate sobre cultura e literatura catalanas, ás que veño apuntando e ás que volvemos agora. ¿Que és a literatura catalana? ¿É a literatura en catalán? ¿É a literatura de Cataluña? ¿É a escrita polos cataláns? Eu engadiría, ¿é a escrita polos cataláns e catalanas (e en calquera lingua)? Das respostas a estas preguntas derivaríase un corpus textual radicalmente distinto posto que estariamos prestando atención a obxectivos tamén diferentes. Pero desas mesmas respostas tamén obteriamos unha idea diferente de Cataluña e fariamos unha Cataluña distinta. Poida que no haxa unha resposta doada a preguntas que, nun intento de abranguer, exclúen, e respecto das cales non nos poriamos seguramente de acordo. Sen dúbida ningunha, a corrente maioritaria en Cataluña é a que opta por considerar como catalana a literatura escrita en catalán. Pero os anos da resistencia xa pasaron, o propio Oriol Izquierdo [nota 11], recoñecía ese cambio cando se facía eco de que “en situación de libre iniciativa e competencia, varias voces se están erguendo contra a concepción totémica da lingua”. Se cadra, os tempos son chegados de tratar a cultura como se fose una realidade multiforme e non un símbolo político (parafraseando a Soria, 383). De feito, e facéndose eco dos resultados a que nos conduciron a síndrome de cultura bonsai, durante o verán do 2000 e desde a Universitat de Prada escoitábase unha chamada de atención respecto da protección dos escritores en catalán e argumentábase que ésta debería transformarse nunha protección dos lectores cataláns, propoñendo que máis traduccións ó catalán parecerían facernos un mellor servicio que a inflación de títulos de autores cataláns menores. Finalmente quero engadir que desde Cataluña, e en moitos casos sobre Cataluña, se está producindo en castelán literatura de gran calidade, e a súa exclusión das nosas letras foi e é cuestionable e cuestionada.

Os discursos oficiais repítennos que cataláns somos todos os que vivimos en Cataluña. E, como sabemos, quen vivimos en Cataluña somos ben diferentes e linguas, razas, clases, e, na base de todo isto, xéneros diversos en intersección coas restantes categorías, constitúen o mosaico poboacional, pero tamén cultural, do que procede precisamente o dinamismo de toda sociedade.

Desde os estudios de xénero e moi concretamente desde o feminismo, parecería relevante levar a cabo una seria reflexión, unha reformulación radical da asociación incuestionada co nacional, cunha nación que pasa por riba dos intereses e necesidades das mulleres catalán e castelán falantes. Moitos dos discursos sobre o nacional e, aínda dos que se presentan como liberadores, ás veces desde posicións de xénero, seguen partindo dunha hipotética lexitimación exclusivista do nacional baseada naquela “resistencia” fronte ó estado dictatorial, que utilizou en tantas ocasións con fins editoriais e políticas. Máis, como é obvio, se non hai dictadura contra a que loitar, necesariamente hai que revisar as estratexias, porque os dereitos cívicos non son prerrogativa de ningún grupo, senón dereito de todas e todos. Para terminar, ocórrenseme varias reflexións que resumen e abren o debate, máis que para concluílo, arredor do tema deste artigo, as fronteiras domésticas. Do anteriormente exposto deduciríase:

1. A radical importancia do discurso feminista como concepción inclusiva (non excluínte) posto que a categoría xénero atravesa/ impregna outras categorías sociais tales como raza/grupo étnico, clase, idade, relixión ... e, daquela, disolve as fronteiras sociais.

2. A necesidade de abrir este discurso cando estudiamos produccións culturais de gran importancia, como é a literatura, a producción en todas as linguas (o que inclúe o interese e estudio da literatura das/dos cataláns que proceden doutros lugares, a literatura da inmigración e de quen se expresan/escriben en castelán como propias).

3. A necesidade de lembrar que sempre será posible apelar a razóns “de urxencia” (resistencias varias de aparente carácter xeral / androcéntrico: os procesos de constitución nacional, a resistencia contra a dictadura...) para pospoñer o fundamental.

4. O argumento da falta de solidariedade, de traición nacional [nota 12], de no ser capaces de atender a cuestións fundamentais para T


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: