A reacción contra a catástrofe do chapapote en Galiza está a polarizando cada vez máis a preocupación da cidadanía catalana. Liderada polos galegos e galegas máis activos de Cataluña, a platamorma Nunca Mías / Mai Més, convoca mobilizacións, artella propostas de acción cívica e coordina voluntariado e entrega de material e enseres.
O vindeiro domingo 15 de decembro está convocada unha manifestación para pedir responsabilidades polo verquido do Prestige. Ás 12 do mediodía concéntrarase diante do Centro Galego de Barcelona unha manifestación que se espera multitudinaria. A conciencia que se estende no país catalán, non só nos círculos achegados ás comunidades galegas, da magnitude do atentado ecolóxico é cada día máis evidente.
O tema está en todos os medios, en todas as conversas
en definitiva, na sociedade. Isto explicaría porque a plataforma Nunca Máis de Catalunya incide unha e outra vez en que as axudas a Galiza deben enfocarse a longo prazo e como medida preventiva para que non se condene á emigración a milleiros de familias galegas.
O venres 13 de decembro se celebrará ademais unha actuación no Ateneu Popular de Sta. Coloma de Gramanet do grupo Terça Feira e a Agrupación Teatral Furafollas. O obxectivo é a protesta popular. Tamén está programado para o venres 21 un festival de música no CCCB.
O distrito de Gracia aprobou pola súa banda unha resolución que condena todo o relacionado co Prestige e se adhire á plataforma Nunca Máis.
O Centro Galego de Barcelona tamén se adhire á plataforma e cedeu os seus locais para que sirvan de centro de coordinación de Nunca Máis.
Ademais, a Generalitat está a coordinar os grupos de voluntarios a través do 900.300.500