Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O millo transxénico dana as bolboretas

Un estudio elaborado por un equipo de investigadores da Universidade norteamericana de Iowa confirmou que o pole do millo transxénico Bt prexudica ás larvas das bolboretas monarca. Éstas teñen un risco de falecemento sete veces máis alto cando se alimentan de plantas sobre as que se aplicou pole do millo Bt, unha variedade modificada xeneticamente para producir un pesticida natural, a bacteria Bacillus thuringiensis.

- 18:47 24/08/2000
Tags:

O director da investigación, John Obricky, acha que a mortalidade das bolboretas monarca na natureza dependerá de se coincide a existencia de larvas coa época de maior propagación do pole e que se verán prexudicadas as situadas até a 10 metros de distancia do límite dos cultivos.Val Giddins, vicepresidente da Organización da Industria da Biotecnoloxía, recoñeceu que o risco potencial do millo Bt “aínda non está totalmente avaliado”. Porén, o 20% das plantacións de millo realizadas nos EEUU durante este ano utilizaron esta variedade da empresa Novartis modificada xeneticamente.

Por outra banda, o goberno do Estado brasileiro de Rio Grande do Sul (RS) declarou ilegais todos os cultivos transxénicos carentes dun estudo ambiental previo e destruiu ou clausurou todos os campos experimentais de cultivos transxénicos. Posteriormente, o congreso estatal declarou RS zona libre de transxénicos. RS amósase novamente como un Estado progresista. RS foi pioneiro no ecoloxismo latinoamericano e é o berce do Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST). Na capital do Estado, Porto Alegre, desenvólvese desde hai varios anos unha avanzada experiencia de democracia participativa na xestión municipal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: