Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Ferrolterra moveuse pola Transcantábrica

Aproximadamente 7.000 persoas desafiaron á choiva para manifestarse pola traza costeira da autovía Transcantábrica, a mellora das infraestructuras e o emprego na comarca. Ao final da mobilización, que contou co apoio dos representantes da Mariña luguesa, deuse lectura a un comunicado no que se esixiu a apertura dunha mesa de negociación desde a Xunta e o Goberno central, en relación co trazado da autovía.

- 10:56 13/11/2000
Tags:

Os alcaldes da comarca, agás os do Partido Popular, parlamentarios do BNG e PSOE, responsables das forzas sindicais, das asociacións empresariais e culturais de Ferrolterra, Eume e Ortegal estiveron presentes na manifestación que partiu desde o Inferniño e rematou na Praza de Armas

A xerente da Galería Sargadelos, Fina Casal, foi a encargada de ler o comunicado consensuado polos convocantes, no que se lembraba que "quedar for a do trazado da Transcantábrica é quedar para sempre for a da Europa de progreso", á vez que se solicitaba "algo tan civilizado como é unha mesa de encontro coas administracións autonómica e central para articular as formas que permitan evitar o desastre que conlevaría a materialización desta pretendida exclusión".

A manifestación, que marchou baixo o lema "Infraestructuras e emprego para o noso futuro. Móvete pola traza costeira da Transcantábrica", serviu para poñer de manifesto unha vez máis o distanciamento do Partido Popular do resto de organizacións políticas e sociais da comarca.

Os convocantes da mobilización, que lamentaron as malas condicións metereolóxicas, teñen prevista unha reunión para esta mesma tarde, co fin de evaluar os resultados da mobilización e as futuras actuacións. Neste senso cómpre lembrar a manifestación que, organizada polos representantes da Mariña luguesa, terá lugar en Viveiro o vindeiro día 26.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: