Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Desbloqueado o proxecto das obras do Areal.

Goberno Municipal,a Zona Franca e a autoridade portuaria, xunto co Aduanas e Renfe, sentaron nunha xuntanza celebrada onte, as bases do proxecto que comunicará o nudo de Isaac Peral co Areal, na entrada do túnel de Beiramar. O custo das obras supera os 750 millóns de pesetas.

- 00:45 24/02/1999
Tags:

O desbloqueo deste proxecto permitirá concertar o anel de circunvalación marítimo de Vigo e segundo as próprias palabras dos seus promotores a estética e a funcionalidade está contempladas neste proxecto. Coma exemplo do dito, construirase unha zona axardinada dunha superficie aproximada ós mil metros. Ningún dos responsables do proxecto recibirá beneficios ou comisión algunha e agardase comunicar nunha data próxima ó departamento de tráfico, a solución adoptada para saber si é ou non posible comezar as obras coas menores molestias para os cidadáns. O presuposto do proxecto ascende a máis de 750 millóns de pesetas, sin ter en conta as últimas modificacións e esta cantidade impedirá efectuar os traballos antes de que remate o mandato do actual goberno municipal do Partido Popular. Segundo o concelleiro Infraestructuras, Pablo Comesaña, a cantidade investida no proxecto obriga a que as obras sexan publicadas no Boletín da Unión Europea e, esto supón unha exposición pública como mínimo de 54 días.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: