Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Unha muller gaña o rali París-Dakar

Jutta Kleinschmidt fixo historia. Por primeira vez unha muller gañou a proba de ralis máis dura do mundo, o París-Dakar. Ao volante dun Mitsubishi esta xermana foi a máis regular: conseguiu o prezado galardón malia gañar tan só unha etapa. Por detrás quedou o xaponés Masuoka, a quen moitos consideran o gañador moral da proba, e logo Schlesser. Cuarto foi o piloto catalán Josep Mª Servià e quinto o portugués Carlos Sousa. Kleinschmidt é a segunda muller que ten destacado neste deporte. Nos anos oitenta unha francesa, Michele Mouton, gañou o rali de San Remo (1981) e foi segunda no campionato do mundo de 1982, gañando catro carreiras. A xermana nunca foi considerada a líder do seu equipo, senón que sempre estivo por debaixo dos xaponeses Hiroshi Masuoka e Kenjiro Shinozuka, ou do francés Jean-Pierre Fontenay.

- 12:10 22/01/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: