Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Gañan as curtas na festa do audiovisual galego

A curtametraxe 'O río ten mans', dirixida pola coruñesa Beatriz del Monte e producida por Portozás Visión, foi a gran triunfadora dos Premios AGAPI 2000, os galardóns do audiovisual galego. Cinco foron os trofeos (Dirección Artística, Iluminación e Fotografía, Montaxe, Guión orixinal, e Mellor Curtametraxe) que levou esta historia, a dun home que, ao regresar á aldea onde naceu lembra a traxedia que o fixo fuxir. Nunha gala áxil e moderna, as curtametraxes demostraron quen está a turrar polo carro do audiovisual galego, ao acapararen case todas as mencións e galardóns. Nas longametraxes produciuse un empate técnico entre as dúas produccións en concurso: Divertimento, de José García Hernández, levou Mellor Son e Mellor Banda Sonora, e Sei quen es, de Patricia Ferreira, Mellor Longametraxe e Mellor Dirección de Producción.

- 11:52 09/03/2001
Tags:

Listaxe completa de premiados:

Dirección artística: Gemma García, por 'O río ten mans'.
Iluminación e fotografía: Ricky Morgade, por 'O río ten mans'.
Son: Alberto Beade e Xosé María Bloch, por 'Divertimento'.
. Montaxe: Toño López e José Jamardo, por 'O río ten mans'.
Guión orixinal: Beatriz del Monte, por 'O río ten mans'.
Dirección de producción: Carmen de Miguel, por 'Sei quen es'.
Producción multimedia: Dygra, por 'El bosque animado'.
Producción de vídeo: Lúa films, por 'Café moderno'.
Producción de televisión: Noroeste produccións, por 'Mareas vivas'.
Producción de publicidade: Lúa films, por 'Mexillón, colleita do mar'.
Curtametraxe de animación: Ignotus, de Tomás Conde e Virginia Curiá.
Curtametraxe: O río ten mans, de Beatriz del Monte.
Premio José Sellier ao labor empresarial ou institucional: CGAI.
Longametraxe española: Leo, de José Luis Borau.
Documental: Chunda chunda, de Jorge Coira.
Premio de honra Fernando Rey: Miguel Anxo Fernández, polo seu apoio como xornalista ao audiovisual galego.
Banda sonora: Manuel Balboa, por 'Divertimento'.
Actriz: Cristina Pascual, por 'Sandra'.
Actor: Miguel de Lira, por 'Mareas Vivas'.
Dirección: Jorge Coira, por 'Chunda chunda'.
Longametraxe: Sei quen es, de Patricia Ferreira.

Podedes ver aquí a lista completa de nominados.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: