Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Viñetas desde o Atlántico

Hoxe luns comeza o Festival Internacional do Cómic "Viñetas desde o Atlántico", que se celebra na Coruña ata o domingo 19 de agosto. Así que os amantes da banda deseñada irán chegando ao longo da semana en peregrinación para ver o que argallou nesta cuarta edición Miguelanxo Prado e os seus "secuaces": exposicións, visitas de autores prestixiosos a nivel internacional, mesas redondas e moito máis... Por certo, cinco autores galegos aproveitarán a ocasión para presentar o seu novo traballo conxunto. O álbume chámase "Mmmh!!" e é unha antoloxía de relatos gráficos inéditos realizados por Kike Benlloch, Bernal, Jano, David Rubín e Alberto Vázquez. Publícao o selo Polaqia, un colectivo de creadores que se xuntaron para este proxecto. Claro que se de verdade queredes ver unha completísima web sobre banda deseñada en Galicia, velaquí tedes este especial do portal Culturagalega.org.

- 08:08 13/08/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: