Maite Fernández a concelleira máis activa da equipa do goberno municipal, tivo onte unha axenda do máis apretada. As 11 da mañán celebrou o "Día da Lectura", ás 12:30 inaugurou a Aula Informática no Centro de Educación Permanente da Adultos, ás 18 participou nunha nova inauguración, neste caso, a da Exposición Itinerante "Escola e Arte" e para rematar ás 20 horas asistiu a inauguración do hotel NH Palacio de Vigo.
Maite Fernández, a concelleira máis hiperactiva da equipa de goberno de Manuel Pérez, estivo onte, caseque como si do Espirito Santo se tratara, en zonas tan dispares de Vigo como, a avenida de Europa, á rúa Romil, rúa de Ourense e para rematar na avenida de García Barbón. A concelleira Maite Fernández, foi participando e inaugurando aquí e acolá e cumprindo fidelmente coa súa obriga de estaren presente en tódolos actos que teñen que ver co seu departamento. As 11 da mañán fixo a primeira parada no colexio "Amor de Dios", onde se celebraba unha xornada adicada á animación á lectura. Maite Fernández, fixo acto de presencia no centro escolar, para premiar segundo as súas palabras "este tipo de iniciativas, onde participan nenos de tódalas idades". Nesta xornada pasaronse polo centro, algúns dos escritores que teñen que ler os nenos o longo do curso escolar. Entre eles atopabanse Fina Casalderrey, Agustín Gónzalez Paz e García Teijeiro. Unha hora e media máis tarde, ás 12:30 a concelleira de educación, nesta ocasión acompañada polo alcalde, inaugurou a Aula Informática no Centro de Educación Permanente de Adultos, neste caso na rúa Romil. A nova dotación de ordenadores feita polo concello para este centro, estará adicada a impartir clases de iniciación á informática. Os oitocentos sesenta a alumnos que acoden a esta escola, poderán asistir agora a estas clases que comenzarán de contado. As clases serán de lúns a venres e cun horario de mañán, tarde e noite. Mentres que Manuel Pérez intercambiaba palabras co director do centro para agradecerlle o labor que realizan, Maite Fernández, inda tivo tempo, para visitar as instalacións do mismo. As clases serán de balde e cada unha delas terá como máximo doce alumnos. Pola tarde a concelleira de educación estivo no colexio "Doutor Fleming", onde inaugurou a Sexta Exposición Itinerante, integrada no programa educativo "Escola e Arte". Trátase de que os alumnos dos distintos centros, poidan familiarizarse coa pintura. Os cadros expostos foron cedidos dun xeito desinteresado por artistas como Rafael Calvo e Alex Vázquez entre outros. A comprensión da obra pictórica e a capacidade de dar á misma unha visión subxectiva, é un dos obxectivos desta mostra pictorica que ó longo dos vindeiros meses percorrerá os colexios de Vigo. Maite Fernández, aludiu no decurso desta inauguración, a súa calidade de profesora, actividade á que segundo ela, podería incorporarse o próximo mes de xuño data na que remata o actual goberno municipal. Sen embargo dixo sentirse ainda xove, e non esgotou seguir na política, sempre e cando as condicións interesenlle. Maite Fernández, asegurou que non permañecerá na política a calquera precio e que dado que ten asegurado un posto de traballo a súa elección de regresar ou non a escea pública dependería exclusivamente de si misma. Como remate dun día tan axitado a concelleira estivo presente no acto inaugural dun establecemento da cadea hotelera NH.