Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Galaxia presenta a Freixanes en sociedade

Galaxia, a máis histórica das nosas editoriais, presenta hoxe en sociedade ao seu flamante novo director: Víctor Fernández Freixanes. Será nun acto que vai ter lugar no Clube Financeiro de Vigo ás 16.30 horas onde o escritor-editor-xornalista-profesor tomará o relevo do finado Carlos Casares. Lembramos que Freixanes foi xa director da máis importante editora do país, Xerais, e logo foi conselleiro delegado de Anaya. Baixo a súa man, Galaxia inicia unha nova etapa desta editorial fundada en 1950, período que "ha de estar marcado pola pola modernización e a posta ao día das propostas editoriais, consonte ás demandas dos novos tempos e os novos desafíos aos que necesariamente debe facer fronte a sociedade galega", segundo o Consello de Administración que o nomeou.

- 07:42 03/07/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: