Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Imaxinario deportivo e mundo vivido

Por Jean-Marie Brohm
Profesor de Socioloxía na Universidade Paul Valéry-Montpellier III
:: Achegamento crítico ó deporte como "relixión atlética" e convertido hoxe en día no opio por excelencia, dominado polo mercantilización e a "lóxica da producción", isto é, a necesidade de bater marcas. Resumo do seu relatorio "Deporte e sociedade: imaxinario deportivo e o mundo vivido" presentado na XIX Semana Galega de Filosofía.

- 06:32 24/07/2002
Tags:

I
O deporte, “relixión atlética” do século XX, é hoxe o opio do pobo por excelencia. A implantación do imperio do deporte-espectáculo corre paralelo co triunfo do mercado único e do pensamento único. O deporte non se escapa das redes da colonización mercantilizadora do mundo vivido (Lebenswelt), da realidade e experiencia sensible, promovida polo pragmático liberalismo reinante. A invasión do deporte no espacio público, impulsado por as grandes multinacionais deportivas (FIFA, Comité Olímpico), xeneraliza unha falsa conciencia e banaliza ideoloxicamente a centos de miles de telespectadores. Esta ilusión deportiva, o primar a técnica, a imaxe e a velocidade, e inducir ó estrés e a depresión pola tensión dos resultados, e tende a achicar o espacio e a facultade de representación psíquica da experiencia sensible.

II
Unha primeira análise da ilusión deportiva fainos descubrir que o capital é o motor efectivo do deporte, o criterio das súas realizacións e o regulador do seu funcionamento. A mundialización das imaxes, a comercialización dos eventos e a profesionalización dos atletas convértense nos instrumentos para conseguir a apoteose do espectáculo capitalista, coa súa violencia, a súa demagoxia populista, a súa dopaxe e o seu mercantilismo mafioso. O deporte aparece, pois, como un negocio máis, un sector productivo que quere satisfacer unhas necesidades artificialmente promovidas no home, e xa se sabe que todo sector productivo está sometido a múltiples tentacións de fraude e corrupción, se se desenvolve sen control.

III
Nun universo cada vez máis dominado pola técnica, o deporte atópase obrigado a adaptarse a unha “causa”, cada vez menos causa moral e cada vez máis causa económica (lóxica da producción). Por esto se bipolariza o deporte entre dirixentes-accionistas que aportan os capitais e os atletas-xogadores que fanse cargo dos resultados (performances). Nesta lóxica do liberalismo, que algúns chaman lóxica da instrumentalización, Deus aparece como causa suprema e o Dólar como causa técnica, dúas variantes, fortemente solidarias y copresentes, que enlazan deporte e relixión: idea de saúde/=/salvación, victoria/=/resurrección, capacidade de sacrificio/=/mortificación, compañeirismo/=/caridade, pertenencia a un equipo/=/extra ecclesia nula salus, etc.

IV
Esta relixión deportiva, a través do culto aos resultados e as marcas, obsesionada pola competición, delimita unha certa economía política do corpo que o converte no obxecto fetiche da posmodernidade liberal. As institucións da nosa sociedade sofren o acoso das exhibicións narcisistas alienantes das novas prácticas corporais con coñecidos efectos ideolóxicos no mundo da educación e da sanidade. Para “deconstruír” este acoso invasor é necesario comprender os diversos modelos teóricos que constitúen as visións do corpo (corpo-máquina, corpo-enerxía, corpo-información, corpo-expresión, corpo-moda etc.). A práctica analítica norteamericana quédase na superficie conductivista e nos esquemas da auto-axuda, ademais é pouco práctica e pouca claro para eles. Este pensamento subordínase as causas e os efectos. Os analistas europeos, sobre todo franceses, teñen máis en conta a tradición filosófica que pronto nos nosos lares presocráticos integra a linguaxe como elemento simbólico de chegada (fenotexto). Potencian a enerxía transverbal das pulsións prelinguísticas que desenvolven articulacións rítmicas e outros dispositivos biolóxicos como xeradores do sentido e da significación. A volta das lóxicas inconscientes transligüísticas cara os constrinximentos biolóxicos e neurobiolóxicos permítenos descubrir o escenario da jouissance, presente en toda clase de cura, ese espacio interior do corpóreo que permite recoller os ataques do interior (traumas psicolóxicos e biolóxicos) e do exterior (agresións sociais e políticas), e axúdanos a cuestionar os horizontes do sentido do corpo: teolóxicos, metafísicos, fenomenolóxicos, éticos, científicos, praxeolóxicos, fantasmáticos, artísticos. Esta perspectiva, pouco apreciada polos norteamericanos, que abre a análise a bioloxía e faino intervir na política social, obriga a privilexiar o singular e o íntimo, a arte de vivir e o gusto culinario, o ocio e o pracer por nada, a gracia e o lúdico, o entroido o “lado maldito” da liberdade como esencia do “Ser no mundo” antes de toda causa. Por iso aquí tamén a revalorización da experiencia sensible aparece como o mellor antídoto fronte o esaxerado raciocinio técnico implícito na lóxica da producción corporal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: