Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Deporte e pobos: a identidade cultural

Por Afonso Eiré
Escritor, xornalista e director do semanario A Nosa Terra. Poñente e redactor dos primeiros programas deportivos do nacionalismo
:: O deporte, ó longo da historia, compórtase como xeito de autoidentificación / diferencia e concíbese de maneiras distinta segundo a cultura na que se insire. Resumo do relatorio do mesmo título presentado na XIX Semana Galega de Filosofía.

- 06:32 24/07/2002
Tags:

Johan Hizinga afirma na súa obra Homo ludens que “o xogo é máis vello que a cultura, pois, por moito que estreitemos o concepto desta, presupón unha sociedade humana e os animais non agardaron a que o home os ensinase a xogar”.

Nun primeiro momento temos que os xogos, que se converten en deportes cando existen regras, quere dicer, intereses en regulalos, eran moi semellantes en calquer parte do mundo. Os “proto-fútbol” existian en todos os lados. En Oceania ainda xogan a chave. As carreiras e as loitas tamén son semellantes.

Unicamente varian en reglas. Pero as reglas tamén variaban cando xogabamos de rapaces adaptadas ás circunstáncias: anchura da porteria, tempo, número de xogadores dun e outros, dimensións do capo, foras de xogo ou non... Varia tamén a cultura, o xeito de entender o mundo. No xogo tlatchtli dos aztecas, con semellanza ao fútbol, a victória e a derrota tiñan o mesmo valor porque se facía imposíbel escapar á rixidez da xerarquía social.

Na Nova Guiné, os gahucu-gaman xogan tantos partidos de fútbol como son necesários (as revanchas) para que cada equipo teña o mesmo número de victorias e derrotas: a súa visión do mundo non admite a infidelidade do adversario. Outro exemplo é que os orientais, cando participan nos deportes seguen a comportarse segundo a súa tradicción.

Os cámbios sociais levan consigo a desaparición ou a irrupción de novos deportes (sobre todo espectáculos deportivos) acordes coa concepción socialmente maioritária, asumida ou imposta á poboación. A revolución industrial trouxo consigo a aparición de novos deportes e as sociedades democráticas non só posibilitan a participación da maioria dos cidadáns, senón que fan posíbel a competitividade, vedada noutras culturas ou épocas agás aos elexidos, como ocorria nos torneos da Idade Media.

Os espectáculos deportivos non son unha manifestación illada senón que están inseridos na comunidade cunha relación que varia en intensidade segundo a amplitude da masa que participa nelas e a atención que recibe por parte dos médios de comunicación como resultado dos intereses económicos-ideolóxicos.

Se a configuración de valores sociais conforman os deportes de masas máis seguidos pola poboación, esa manera ideosincrasia social reflectíase na configuración do espectáculo deportivo, nas súas características técnicas e tácticas. As regras son as mesmas para todos, pero cada pobo exprésase á sua maneira e prefire ou seu xeito de xogar.

Os xogos de Olímpia eran cerimónias relixiosas de afirmación da identidade nacional. Unha amalgama que xuntaba os dispersos e superaba as contradiccións daquel mosaico de mil cidades: un xeito de dicer “nós somos gregos”.

Sirva este exemplo para darse conta de que, desde o comezo da história, os deportes sempre foron usados tanto como feito diferencial/cultural e como factor indentificativo e de cohexión social/nacional. COmo fenómeno de masas tanto para reforzar todos os perxuícios reaccionários, como para por a súa forza de universalizar hábitos e linguaxes a prol das ánsias liberadoras no aspecto nacional e tamén social.

Ainda así, a función representativa dos espectáculos deportivos é algo tan anacrónico coma pretender instaurar os torneos medievais nunha sociedade social e ideolóxicamente plural. Son duas maneiras, unha arcáica e outra evolucionada do tribalismo e dun intento de unicidade. Preténdese que as diferencias sociais, de clase, queden tapadas por algo superior, unha selección ou clube, que debe xunguir a todos na procura dun ben superior. Tentan que esa idea unifique os distintos intereses contrapostos. Pero os deportes unicamente son uns máis, destes aspectos determinante na loita contra o pensamento único. Un xeito de autoidentificarse ao convertirse en símbolos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: