Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Referendum en Bazán

Os traballadores de Bazán decidirán hoxe o seu posicionamento en torno ó Plan de viabilidade deseñado pola SEPI e negociado co Comité Intercentros. Os traballadores teñen unha cita coas urnas para decidir o seu posicionamento.

- 23:18 01/03/1999
Tags:

Os traballadores da factoría de Bazán reuníronse onte en Asemblea Xeral para clarificar cuestións en torno ó Plan de Futuro. Na asemblea desenvolveuse un agrio debate entre as distintas seccións sindicais. CC.OO , UGT e USO apoian o Plan de Futuro mentres que tan só a CIG votará en contra.

Hoxe serán os traballadores os que expresen a súa opinión. O voto será secreto, para o cal instalaranse unhas urnas xa dende as 00:00 horas do martes 2 de marzo para que os traballadores do turno da noite poidan expresar a súa opinión.

Os representantes dos traballadores reuniranse o próximo mércores 3 de marzo cos responsables da empresa para expoñer o posicionamento expresado polos traballadores en referendum.

O Plan de viabilidade, deseñado pola SEPI contempla 350 novas incorporacións nun prazo de catro anos e a inmediata prexubilación de 1122 traballadores maiores de 52 anos. O Plan de Viabilidade supón investimentos na capitalización tecnolóxica da Empresa Nacional Bazán. Ademáis contémplase unha partida presupostaria para facer fronte a un numero determinado de baixas incentivadas, co que o número de traballadores que van deixar a factoría ferrolana será de 1500.

A dirección de Bazán agarda reducir o plantel da factoría ferrolana dos actuais 3700 traballadores ós 2200 , que é a cifra que agarda conseguir logo da aplicación deste plan. Se os traballadores non asinan este Plan, a SEPI aplicará as medidas iniciais recollidas no Plan de Futuro sen asumir os compromisos acadados cos traballadores no que se refire a novas incorporacións e ás condicións económicas de saidas dos prexubilados.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: