Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

San Roque musical en Vilagarcía

A falta do Festival do Norte, Vilagarcía abre este ano as festas de San Roque cun novo festival de rock que deu en chamar SAN ROCKe, e polo que pasarán os grupos Killer Barbies, The Dismal, Sex Museum e Skunk DF, entre outros. Pero aínda hai moitos máis concertos programados, e todos de balde.

- 11:48 07/08/2003
Tags:

O festival comeza o 8 de agosto, no parque da Xunqueira, a partir das 23.30 horas, cos concertos de Sex Museum, Skunk DF, The Dismal e Down Level. Ao día seguinte actúan Killer Barbies, Triceratops, Río Bravo e High Sierra.

O domingo 10 actúa Tamara, a cantante de boleros, no Parque da Xunqueira, a partir das 23.30 h. Para esta xornada tamén está prevista a Festa da Empanada e un Certame de Habaneras. O concerto ‘forte’ do día 12 protagonízao El Canto del Loco, no lugar e hora de costume. O 14 sube ao escenario Ska-p e ás doce e media da noite comeza a Festa Aqua Dance no Cavadelo. A multitudinaria Festa da Auga é o 16 de agosto.

Obterán información detallada sobre o programa de festas na web do concello de Vilagarcía.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: