Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A lei de linguas de Aragón vai para longo

Moi ben comezara o goberno do socialista Marcelino Iglesias á fronte de Aragón. O presidente, que naceu na Franxa, a rexión oriental onde se fala o catalán, impulsara nos primeiros meses do seu goberno un anteproxecto de Lei de Linguas, que na práctica lle concedería estatus de linguas cooficiais ao aragonés e ao catalán. Anos despois a lei segue en anteproxecto. E a directora xeral de Política Educativa do goberno aragonés acaba de declarar que non vai ser para agora a aprobación.

- 20:53 04/09/2003
Tags:

A directora xeral de Política Educativa do goberno de Aragón, Carmen Martínez, sinalou en Fraga, durante a inauguración da VII Escola de Verán da Franxa, que a futura lei de linguas de Aragón se aprobará durante esta lexislatura. Sen embargo, dixo tamén que non se podía dar unha data, que o proceso sería longo, e que ata o momento estaban a estudiar as moitas alegacións que tivera o anteproxecto. Lembremos que o texto se expuxera, para a consulta pública, a través de internet e na porta de todos os centros culturais e de todos os concellos de Aragón.

Lembremos que, tralas eleccións autonómicas de maio, en Aragón formouse un goberno bipartito entre socialistas e os rexionalistas. A Chunta Aragonesista e Izquierda Unida, as formacións máis favorables á Lei, quedaron fóra do pacto. Por outra parte, Carmen Martínez dixo que agardaba que o convenio que asinou o goberno aragonés coa Generalitat hai uns meses para a mellora do ensino do catalán na Franxa, se convirta en breve e actuacións concretas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: