Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de

Vacas tolas: 'o sector aínda non se recuperou'

Tal é a opinión da Cámara Agraria de Lugo, que por boca do seu presidente vén de rebaixar o optimismo das declaracións oficiais do goberno central, dende onde esta semana chegaron os datos oficiais do 2003: 166 casos de EEB en todo o Estado, 55 destes en granxas galegas, ao tempo que dende o ministerio de Agricultura se di agardar que o número de vacas afectadas comece a diminuír dende este ano 2004.

- 08:21 20/02/2004
Tags:

Segundo o ministerio de Agricultura, o total de 166 vacas tolas detectadas durante o 2003, logo das 127 do 2002 e as 82 no 2001 está dentro das "previsións e corresponde ao período de uso masivo de fariñas de carne que se fixo a mediados dos anos 90. Agardamos que as cifras comecen a descender dende o 2004".

Dende a Cámara Agraria luguesa, o seu presidente Xosé Antón Ledo dixo dubidar de que "o sector estea recuperado a nivel xeral". Así, lembrou que malia que esa recuperación poida parecer perceptible en relación a denominacións de orixe como a de Tenreira Galega, "aínda é minoría a xente que está dentro da denominación".

Nese sentido, asegurou que cooperativas e productores insisten en que aínda non hai estabilidade nos prezos. Criticou de paso que a consellería "non tén unha política agraria para Galiza e converteuse nuha simple xestora de subvencións chegadas da UE".


0/5 (0 votos)