Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO ANO OLÍMPICO DE ATENAS

A Eurocopa 2004 vai para Grecia

Cunha selección integrada por maioría de xogadores suplentes nos seus equipos, os gregos xa venceran a Portugal no partido de inauguración. A continuación, empataran con España, perderan con Rusia e en cuartos e semifinais eliminaron a Francia, a campiona anterior e favorita e á República Checa, que viña amosando o mellor fútbol. Malia esa dobre xesta, o seu fútbol defensivo e pouco atractivo para o afeccionado nunca lles fixo gozar da condición de favoritos. Os portugueses pareceron marcar o ritmo da final, dominaron a posesión do balón e tiveron as mellores oportunidades, pero o marcador só se moveu no minuto 57, cando Charisteas rematou ao fondo da rede un córner a prol de Grecia. Máis información no Diario de Titulares e no Canal Lusofonía.

- 05:46 05/07/2004
Tags:


0/5 (0 votos)