Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XXVII RALI BARCELONA-DAKAR

Comeza a aventura de Dakar para Fran Gómez Pallas

O piloto de motociclismo bergantiñán Fran Gómez Pallas será o único galego entre os 696 participantes do 27º Rali Barcelona-Dakar, a maior aventura automobilística do planeta. Motos, coches, quads e camións percorrerán 9.000 quilómetros polas terras do norte de África entre o 1 e o 16 de xaneiro. Non o terá doado Fran Pallas enriba da súa KTM 660, que arrastra unha lesión na man esquerda, pois entre os favoritos na súa categoría se atopan o francés David Fretigné, os cataláns Marc Coma e Isidre Esteve ou o italiano Fabrizio Meoni. En todo caso, o éxito será sempre nesta proba chegar ás ribeiras do salino Lago Rosa, a un par de ducias de quilómetros da capital de Senegal. Fran Pallas xa o conseguiu en 2000, e tivo que retirarse a tres tiradas do final en 2003.

- 09:52 31/12/2004
Tags:


0/5 (0 votos)