Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XXVII RALI BARCELONA-DAKAR

Adeus ao Dakar de Fran Gómez Pallas

O piloto carballés Fran Gómez Pallas rematou o seu terceiro rali a Dakar ao abandonar na sétima das tiradas, a que o levaba de Smara, no Sáhara Occidental, a Zouaret, en Mauritania. Non foi o único retirado polas altas dunas: Colin McRae, líder en automóbiles, tamén quedou fóra por un accidente dos moitos que se produciron na xornada. A carreira en motos gañouna o italiano Fabrizio Meoni, e o francés Cyril Despres é líder. En coches gañou o francés Stéphane Peterhansel, e o novo líder é o tamén galo Bruno Saby. En camións volveu gañar o ruso Vladimir Tsaguín, e afiúzase no liderado. A proba continúa agora sen galegos, camiño de Tichit.

- 19:16 05/01/2005
Tags:


0/5 (0 votos)