Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
PROVEÑEN DO ARQUIVO DE SEGURANZA NACIONAL DA UNIVERSIDADE GEORGE WASHINGTON

Documentos desclasificados da FBI mostran vínculo entre Posada Carriles e acto terrorista en 1976

Un documento da FBI datado o 3 de novembro de 1976 desclasificado hoxe informa que Posada Carriles estaba nun grupo que discutiu "o atentado contra o avión cubano" nunha xuntanza no bar do Hotel Anauco Hilton en Caracas.

- 09:33 11/05/2005
Tags:

Antigos documentos segredos da CIA e a FBI estabelecen un vínculo entre o extremista cubano Luis Posada Carriles -quen procura asilo en Estados Unidos- e a sabotaxe a un avión cubano de pasaxeiros en 1976, e indican que Posada estivo na nómina da CIA durante anos.

Un documento do FBI datado o 3 de novembro de 1976 cita a un informante confidencial que dixo que Posada estaba nun grupo que estaba discutindo "o atentado contra o avión cubano", antes de que acontecese o ataque, nunha xuntanza no bar do Hotel Anauco Hilton en Caracas.

Outros documentos din que Pousada -quen naquel entón era un oficial dos organismos venezuelanos de seguranza- era tamén axente da CIA nos sesenta e recebeu uns 300 dólares da axencia cando traballaba cunha alianza de vários grupos instalados na República Dominicana que procuraban derrocar ao presidente cubano Fidel Castro.

Outro documento da FBI, que cita a outro refuxiado cubano anónimo, dixo que Posada recebeu 5.000 dólares en 1965 de mans de Jorge Mas Canosa, un prominente exilado cubano que morreu en 1997, para financiar un tento de colocar poderosas minas en barcos cubanos ou soviéticos no porto mexicano de Veracruz.

Obtidos do Arquivo de Seguranza Nacional

Os documentos foron dados a coñecer polo Arquivo de Seguranza Nacional, unha organización independente na Universidade George Washington que reúne documentos do goberno. A publicación producese en momentos en que as autoridades norteamericanas lidian co pedido de asilo político de Posada, quen é considerado por Castro, Venezuela e sectores en Estados Unidos como un terrorista.

"Esa série de documentos é un historial da carreira violenta de Luis Posada", dixo Peter Kornbluh, director do Proxecto de Documentación sobre Cuba no Arquivo. "nestes tempos, Estados Unidos non pode lanzar unha guerra contra o terrorismo internacional por unha banda e pola outra permitir que alguén con ese tipo de récord viva aquí".

O avogado de Posada, Eduardo Soto, negou que o seu cliente tivese un papel no atentado contra o avión cubano en 1976, no que morreron 73 persoas cando a aeronave se estrelou en Barbados.

Souto dixo o mes pasado que Posada, de 77 anos, ingresara agochado a Estados Unidos, aínda que as autoridades da FBI e de imigración din non saber ren do seu paradoiro.

Xurxo Martínez Crespo


0/5 (0 votos)