Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
CAMPAÑA PRE-ELECTORAL

O candidato Pérez Touriño e Fillos.org denuncian electoralismo do PP e utilización do colectivo emigrante

O candidato a Presidente da Xunta de Galicia nas próximas eleccións do 19 de xuño, Emilio Pérez Touriño, sinalou que Fraga lembra ós emigrantes do alén-mar cando toca votar. Lémbralle ó Presidente que el sí estivo nos momentos de crise. Lembróulle, asimade, que a Xunta electoral "deulle un prudente toque de atención advertindo que a publicidade institucional debe rematar en precampaña. Algo semellante ven a denunciar Fillos.org advertindo nun comunicado de prensa que o novo portal que a Xunta de Galicia inaugura esta semana destinado ós emigrantes e ós Centros Galegos é "una mera actuación electoralista" do Partido Popular

- 06:48 12/05/2005
Tags:

Durante a súa viaxe á Arxentina e ó Uruguai Fraga reuniráse coas dúas maiores colonias de galegos emigrados. Na Arxentina residen uns 330.000 galegos e no Uruguai outros 36.000. Nesta viaxe será recibido polo Presidente de Uruguai, Tabaré Vázquez mais non polo Presidente de Arxentina, Néstor Kirschner, quen elude a cita e delega no Vice-Presidente Daniel Scioli. Xa sucedera isto na anterior visita de Fraga.

Esta visita "Presidencial" ten propósitos electoralistas segundo a denuncia do candidato a Presidente polo PSOE, Emilio Pérez Touriño e Fillos.org. Tanto o político como a ONG que leva adiante un portal para emigrantes "premiado" pola Xunta, sinalan a utilización do colectivo emigrante.
O candidato a Presidente da Xunta de Galicia nas próximas eleccións do 19 de xuño, Emilio Pérez Touriño, sinalou que Fraga lembra ós emigrantes do alén-mar cando toca votar. Lémbralle ó Presidente que el sí estivo nos momentos de crise. Non embargante aproba a visita xa que logo tamén el viaxará a Bos Aires próximamente.

Fraga resposta ós periodistas que fixo máis de trinta viaxes á Arxentina e visitas contínuas desde 1954 a Montevideo. ¿Sempre para axudar? ¿Nunca presidindo banquetes multitudinarios organizados polos P.P. locáis? Non é a opinión da oposición.

No tocante ás viaxes sinalou que vai a escoitar sobre os problemas dos emigrantes galegos e os seus descendentes indicando que "tódol-os votos son respectabels". Nada dixo dos procedementos para acadal-os.

O oitavo periplo presidencial inclúe 40 actos nos seis días de estancia no Río da Plata. Bos Aires e Montevideo lembrarán a intensa actividade desenvolvida polo representante do Executivo galego. Non aparece na súa axenda unha visita programada a Córdoba, no centro da Arxentina, onde recibiría un Doctorado Honoris Causa. Disque por razóns de tempo...

Touriño lembróulle, asimade, ó Presidente que a Xunta electoral "deulle un prudente toque de atención advertindo que a publicidade institucional debe rematar en precampaña.
A organización Fillos, adicada a espallar pola rede Internet asuntos vencellados ós emigrantes galegos polo mundo adiante consideran que a presentación do novo portal que a Xunta de Galicia inaugura esta semana destinado aos emigrantes e aos Centros Galegos, é una "mera actuación electoralista" do Partido Popular. Ao seu entender, "se a Xunta quixese atender as necesidades dos emigrantes a través de Internet apoiaría o traballo que Fillos de Galicia vén facendo dende 1997, ou, cando menos, tería reaccionado cando os propios centros recoñeceron a necesidade de dispoñer dun espazo común en Internet a finais do 2003".

Quéixanse así mesmo do despilfarro que supón crear o que para eles non é senón "unha copia serodia e absurda dos nosos portais Fillos.org, Atopadoiro.org e Galeguidade.net, gastando unha cantidade que deberían facer pública, para duplicar un esforzo de anos e partiren de cero cando Fillos xa vén dando un servizo diario e gratuito a miles de visitantes e usuarios rexistrados, e conta cunha importante rede de colaboradores voluntarios".

Ademais protestan porque a Consellería de Emigración premiou no citado ano 2003 un ensaio escrito polo presidente de Fillos de Galicia no que se poñía de manifesto a necesidade de actuar no eido de Internet para manter a identidade e a cultura galegas na emigración. "A día de hoxe
(ano e medio despois) aínda estamos esperando a que o publiquen", critica o seu autor. "Temos a sensación de que o premiaron para demoraren precisamente a súa publicación e así non quedar en evidencia pola súa nula actuación en Internet e pola súa falla de interese en apoiar o noso labor pioneiro". Cousas veredes, Sancho... pois non lles cabía a alma no corpo cando recebiran a nova do premio.

Visto desde tódolos xeitos da actuación política, partidos e organizacións parecen denunciar que non é a primeira vez que a Xunta realiza actuacións que finalmente resultan un gasto que deben pagar os galegos todos: viaxes, propaganda, actuacións, axudas. Necesarios, sen dúbida, mais non en pre-campaña electoral.


0/5 (0 votos)