Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTA FIN DE SEMANA EN COMPOSTELA

"Lingua e construción nacional" será o tema das Xornadas Independentistas Galegas

"Ningún goberno, ningunha institución poderá normalizar a nosa lingua por decreto se non existe un sector social importante, lingüisticamente consciente e compacto, empeñado na loita pola lingua". Velaí un dos eixos para o debate que estes días acolle o Centro Social Henriqueta Outeiro, en Santiago de Compostela, e no que participarán integrantes de de Euskal Herrian Euskaraz (EHE), Acció Cultural del País Valencià (ACPV), Portal Galego da Língua (AGAL), A Gentalha do Pichel, Fundaçom Artábria, Novas da Galiza e NÓS-Unidade Popular.

- 09:43 13/05/2005
Tags:

A novena edición destas "Xornadas Independentistas Galegas", ten segundo os seus promotores, Primeira Linha, o dobre obxetivo de "dar a conhecer a experiência dos outros dous povos envolvidos na mesma luita lingüística no Estado espanhol, Euskal Herria e os Països Cataláns", por un lado e por outro "favorecer o debate entre algumhas das principais iniciativas normalizadoras de base que na Galiza tenhem surgido nos últimos anos, nos mais diversos ámbitos".

Programa
Quinta-feira, 12 de Maio, às 20 horas: Língua e construçom nacional em Euskal Herria. Mikel Irastortza (Euskal Herrian Euskaraz)
Sexta-feira, 13 de Maio, às 20 horas: Língua e construçom nacional nos Països Cataláns. Tóni Gisbert (coordenador da ACPV)
Sábado, 14 de Maio, às 12 horas: Debate sobre língua e construçom nacional na Galiza, com Miguel R. Penas (do Portal Galego da Língua, AGAL), Ángelo Meraio (da Gentalha do Pichel, Compostela), Sílvia Casal (da Fundaçom Artábria), Maurício Castro (da Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular) e Alonso Vidal (do jornal Novas da Galiza).


Ligazóns

0/5 (0 votos)