Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
G>2005

A Mesa avalía a política lingüística dos gobernos de Fraga

A Mesa pola Normalización presentou unha campaña informativa para lembrarlles aos e ás votantes o 16 de xuño que o que a organización considera "a maior perda de falantes da historia do galego", se produciu durante o tempo en que gobernou na Xunta Manuel Fraga.

- 16:34 01/06/2005
Tags:

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou unha campaña sobre os resultados educativos e culturais do goberno Fraga no relativo ao idioma galego. O presidente da Mesa, Carlos Callón, insistiu en que existen datos negativos sobre a evolución do idioma nestes anos, que "evidencian o incumprimento sistemático das súas obrigas por parte da Xunta de Galiza no relativo á lingua". Para A Mesa, "a política lingüística do Partido Popular foi un fracaso pensado e buscado".

A Mesa pon como exemplo desta "nefasta política" o Plan Xeral de Normalización, aprobado no Parlamento galego en outono e "do que non se aplicou nin unha soa medida". Por iso A Mesa distribuirá 20.000 carteis e 50.000 adhesivos co lema da campaña: A auténtica política educativa e cultural de Manuel fraga Iribarne: a maior perda de falantes de toda a historia do galego produciuse durante os seus mandatos.


0/5 (0 votos)