Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FESTIVAIS

Cultura Quente consolídase na Carballeira de Caldas

The Gift, La Mala Rodríguez e Def Con Dos son algúns dos nomes que este ano se van a achegar a Caldas de Reis, concretamente á súa Carballeira, para participar dunha nova edición do festival musical Cultura Quente. Os días de festa son o 15 e o 16 de xullo e ademais de gozar coas actuacións musicais aqueles que se acheguen á Carballeira poderán acampar sen custo ningún.

- 16:34 15/07/2005
Tags:

Os concertos de Cultura Quente desenvólvense ao longo de dúas xornadas, venres e sábado, e fano ademais en dous escenarios diferentes: o Estrella Galicia e o Quente. No primeiro deles vaise contar coa presenza, o día 15, de The Gift, La Mala Rodríguez, El bicho e os arxentinos Super Ratones. No outro escenario do festival, no escenario Quente, as actuacións do venres corren a cargo de Def Con Dos, Kannon, Bummer, Día de Furia, Dj Prozack e DIH.

Os concertos do sábado, xornada de clausura de Cultura Quente, no escenario homónimo son os de Atom Rhumba, Vacazul, Steelwood, Avant Garden e Dj Amable. Para o escenario Estrella Galicia cóntase coa presenza das bandas Love With Arthur Lee, Deluxe, Dj's Club e Second.


0/5 (0 votos)