Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
XV EDICIÓN DO CONCURSO DE GAITA GALEGA

Fallado o certame de composición do Constantino Bellón

O Premio de Composición do Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón, organizado polo Ateneo Ferrolán, xa ten gañador. O xurado vén de dar a coñecer o fallo nesta modalidade, creada hai tres anos como complemento ás probas de gaita solista. O galardón recaeu no gaiteiro Javier María López Rodríguez, quen presentou ao certame a partitura para gaita e orquestra de corda Carmina Utricularis. As mencións de honra concedidas polo Ateneo son para o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e o gaiteiro José Temprano Castro.

- 10:18 23/08/2005
Tags:

Javier María López Rodríguez é o gañador do Premio de Composición do Concurso de Gaita Constantino Bellón, dotado con 1.200 euros. O gaiteiro lucense impúxose coa súa partitura Carmina Utricularis nesta nova edición do certame que destacou, segundo o xurado, pola elevada calidade das pezas presentadas.

A organización do Constantino Bellón vén de dar a coñecer asemade os galardoados coas Mencións de Honra do Ateneo Ferrolán. Este ano, a Gaita de Ouro recaeu no gaiteiro coruñés José Temprano Castro, pola súa traxectoria artística na música tradicional galega.

A Gaita de Prata foille concedida ao Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Prémiase deste xeito o papel que está a desenvolver o centro na divulgación e no ensino da música tradicional galega.

A entrega dos premios celebrarase o vindeiro 31 de agosto ás 20:00 horas no auditorio de FIMO, coincidindo coa Final do XV Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón. Este ano optan ao premio –1.800 euros- oito gaiteiros entre os que só figuran catro galegos.


0/5 (0 votos)