Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E SOFTWARE

Culmínase a tradución de Gmail ao galego en dúas horas

Dúas horas despois de que publicásemos unha nova chamando a atención sobre a ausencia dunha tradución de Gmail en galego, esa versión xa existe. A primeira hora da mañá, cando non estaba aínda rematada a tradución, xa estaban a disposición dos usuarios 37 codificacións distintas, entre as que se atopan o estoniano, o islandés, o esloveno e o letón, con menos falantes có galego, e mais tamén o catalán. O eusquera ten agora traducido só un 60% das mensaxes. Gmail é o servizo de correo electrónico de balde de Google. Os programas de Google tradúcense grazas a voluntarios. Agora é a empresa a que ten que validar a tradución e integrala no panel de preferencias seleccionábeis, para o que normalmente tarda unha semana.
• Anteriores: O Gmail ten versión en 4 idiomas máis pequenos có galego

- 09:42 02/09/2005
Tags:


5/5 (1 votos)