Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECLIPSE SOLAR EN OUTUBRO

A NASA segue nos tempos do Caudillo

O vindeiro 3 de outubro terá lugar un eclipse anular de sol, visíbel só nunha estreita fita do planeta que cruza Galiza, España, Alxeria, Sudán, Etiopía e Quenia. Poderase ver, aínda que só parcialmente nunha ampla zona que comprende Europa, África e boa parte de Asia. O eclipse producirase ás 10:51 hora galega sobre o noso país, cando a lúa pase por diante da nosa estrela. Chámase eclipse anular porque a lúa ocupa a parte central do sol e deixa ver unha circunferencia de luz ao seu redor, mentres a Terra queda en sombra. As mellores localidades para velo: O Grove, Vilaboa, A Cañiza, Celanova ou Verín. Hai moita máis información na web da Agrupación Io da Coruña, e tamén na NASA. Porén, vendo o mapa do seu percorrido non semella que a NASA se estea a referir ao eclipse de 2005: nel aparecen os topónimos La Coruna, El Ferrol d. Caudill e Orense.

- 08:53 20/09/2005
Tags:


0/5 (0 votos)