Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BIODIVERSIDADE

O concello de Arzúa acolle a feira Terractiva

Os días 15 e 16 de outubro o concello arzuán acolle unha nova edición do Festival das Artes Pola Diversidade, Terractiva. Un encontro centrando en tres cursos aos que acompañarán outro tipo de actividades como a ludoteca infantil ecolóxica, as exposicións ou a feira ecolóxica e de produtos biolóxicos Feiractiva.

- 08:24 26/09/2005
Tags:

Os tres cursos que se van a impartir nesta nova edición da feira Terractiva centranse na dinaminación medioambiental, na musicoterapia e na risoterapia. O curso de dinamización medioambiental céntrase en ofrecer unha serie de pautas que permitan xerar novas dinámicas de organización xuvenil e artística e traballar nas solucións das problemáticas medioambientais actuais, sobre todo tentando paliar a falla de educación ambiental entre os máis novos e a ausencia de formadores neste eido.

Os cursos de musicoterapia e risoterapia centraranse, como o propio nome indica, en descubrir todo aquelo que a música nos ofrece para explorar os nosos sentidos e integrarnos na natureza ou combinar xogos e dinámicas grupais participativas no caso da risoterapia. As inscricións en calquera dos cursos poden realizarse a través do teléfono de Coper@ctiva, o 981 582 836.


0/5 (0 votos)