Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"O HOME INÉDITO" DE CARLOS MEIXIDE INAUGURA O CATÁLOGO

Nace Ediciós da Rotonda, unha proposta editorial desde a rede

"Un proxecto editorial pioneiro e chuliño para a produción de contidos de libre distribución". Así se presenta na sociedade internáutica Ediciós da Rotonda, unha proposta para publicar e difundir textos, imaxes, audio e video que poden ser descargados de balde con licenza Creative Commons. O home inédito do escritor e xornalista Carlos Meixide é a novela que inaugura o catálogo da nova editorial.

- 13:05 08/11/2005
Tags:

Ediciós da Rotonda, "unha homenaxe actualizada a Ediciós do Castro" segundo unha das súas promotoras, María Yáñez, deuse a coñecer no transcurso do Simposio organizado a semana pasada pola Asociación Galega de Editores e espertou un interesante debate sobre a propiedade intelectual, os dereitos de autor e as posibilidades das novas tecnoloxías na creación e da difusión dos productos culturais.

A web, deseñada por Berto, de Aduaneiros sem Fronteiras, ofrece non só a posibilidade de descargar a novela, senón unha serie de atractivos extras: un making of da obra, realizado polo propio autor; un índice de personaxes, un blog asociado e unha restra de opinións de lectores cualificados sobre a propia novela.

  • Máis información sobre o Simposio dos editores galegos e sobre Edicións da Rotonda en Brétemas, o blog de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais
  • Copyfight: benvida, cultura, ao século XXI, unha crónica de María Yáñez


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: