Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
GALAXIA PRESENTA 'EPISTOLARIO A FERNÁNDEZ DEL RIEGO', DO AUTOR FERROLÁN

Carvalho Calero e Fernández del Riego, nas súas cartas

Galaxia e a Deputación da Coruña presentan o xoves, ás 12 na sé da Deputación, o volume de correspondencia entre Ricardo Carvalho Calero e Francisco Fernández del Riego. A editorial lembra que o volume -nunha edición ao coidado de Dolores Vilaviedra e Montserrat Pena- serve para explicar os retallos da redacción da fundacional Historia da literatura galega contemporánea. E, globalmente, permítenos acceder ao desenvolvemento do galeguismo nos 30, á relación con Galaxia, á revitalización da Academia Galega e á creación da cátedra de galego da Universidade de Santiago.

- 09:56 02/03/2006
Tags:

Asistirán ao acto Celestino Poza, Víctor Freixanes, Salvador Fernández Moreda, María Victoria Carballo Calero e Francisco Fernández del Riego.

Ricardo Carvalho Calero foi secretario do Seminario de Estudos Galegos. Na Universidade de Santiago foi titular da primeira cátedra de Lingüística e Literatura Galegas. Autor da Gramática elemental do galego común (1966), a súa obra, alén da crítica, abrangue poesía, novela e teatro.


0/5 (0 votos)