Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
WWW.EDITORIALGALAXIA.ES

Galaxia bota a andar a súa agardada web

A Editorial Galaxia sacou por fin este mércores á rede a súa web, un "espazo de cultura e coñecemento" a través do cal os lectores e clientes da editorial poidan coñecer máis a fondo a súa historia, pero tamén coñezan como funciona a empresa na actualidade e, o que é máis importante, saiban das novidades e do catálogo editorial. Nese sentido o lector pode non só facer consultas senón tamén ver o que di a prensa dos libros de Galaxia, e tamén recibir as recomendacións literarias de distintas persoas do mundo da cultura. E, finalmente, mercar os libros a través da web.

- 10:09 15/03/2006
Tags:

Para isto Galaxia proponlle ao usuario unha páxina estruturada en seis eixos, e que comeza por un repaso á historia da editorial, o primeiro consello de administración, as primeiras publicacións, a creación das Fundacións Penzol, Otero Pedrayo e Isla Couto, que nacen pegadas a Galaxia, ou a historia da Revista Grial.

Un segundo pilar é o espazo Unha Cultura no mundo, un percorrido rápido por Galicia, pola súa historia, o galego-portugués, as irmandades da fala, o rexurdimento, a xeración Nós, as institucións da lingua galega... Estes dous eixos veñen a conformar a parte informativa e polo tanto máis estática da páxina.

Pero a parte central e máis importante da web de Galaxia é o catálogo de autores e de obras con fotografías, cubertas, fichas de libros e pequenas sinopses dos títulos veñen a conformar a parte central do sitio Galaxia. O lector atopa tamén o espazo Grial, co último número sempre en portada, podénse descargar os sumarios e tamén algún artigo.

'Para ti que les'
Na última zona é onde se atopan as novidades e o contacto máis achegado aos lectores, que inclúe a sala de prensa con artigos de opinión e as noticias que a editorial xenera, recomendacións de autores, lectores, libreiros..., anacos de obras e o correo do lector. Hai tamén un espazo adicado ás exposicións que Galaxia ven realizando desde hai uns meses, neste momento pódese acceder a "50 anos con Merlín e familia" e a "Travesías terra de navegantes", fotografías e información arredor destas propostas.

A editorial ofrece tamén a posibilidade de comprar os libros directa ou indirectamente a través da súa Zona de distribución. No caso de lectores galegos, a editorial quere redirixir o pedimeto preferentemente ás librerías, colaborando así coas librerías máis importantes do país. Para iso habilitan outro espazo, Galaxia distribuidora, no que o cliente pode consultar as súas facturas, albaráns, depósitos e ten acceso a todo o fondo de distribución da Editorial.


0/5 (0 votos)