Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Terra Eo-Navia

Edición xestionada pola Asociación Abertal
RSS de Terra Eo-Navia
CINEMA

Fronteiras: Un documental sobre Ibias gana un premio en Tui

Fronteiras é un documental sobre el concello de Ibias realizado por Rubén Pardiñas.

- 13:27 10/06/2006
Tags:

El pasado mes de marzo, no marco del II Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc 2006 e baxo a iniciativa AvidHoc da empresa Avid Technology, el público elixiu ganadora del Premio Xpréssate en Tui ´06 a curtametraxe documental "Fronteiras", de Rubén Pardiñas. A curta, gravada no concello eonaviego de Ibias, é un achegamento al Eo-Navia, á súa cultura e á súa lingua. Agora el proxecto vaise converter nuha longametraxe documental na que ademais del Eo-Navia, abordaranse as peculiaridades doutras zonas limítrofes con Galiza.

El resultado final será un documental sobre os límites xeográficos e culturais de Galiza, centrado en como os perciben os propios vecíos destas zonas estremeiras. Un percorrido polo Eo-Navia, el Bierzo, As Portelas e Trás-os-Montes. Fronteiras quere destacar el feito de que as fronteiras culturais (se é que existen) non coinciden necesariamente coas fronteiras político-administrativas. Peró sobre todo quere mostrar el xeito desdramatizado coel que os sous habitantes abordan os seus conflitos identitarios e territoriais, mui afastado del discurso crispado que estas cuestiois suscitan de cotío nos ámbitos político e xornalístico.

A curtametraxe, que xa foi mercada e emitida no programa Onda Curta da TVG, funciona a xeito de trailer ou avance dun ambicioso proxecto que se atopa en fase de preprodución. Ademais de Ibias, algus dos lugares aos que se achegará Fronteiras son Castropol e A Veiga en Asturias, Veiga de Valcarce e Vilafranca do Bierzo en León, Lubián e Hermisende en Zamora e Castro Laboreiro e Soutelinho da Raia en Portugal. El documental tamén fará comparaciois continuas destes pobos coas localidades vecías de Galiza que máis ligaciois teñan mantido con elos al longo da historia. Así, poblaciois como Ribadeo, Navia de Suarna, O Barco de Valdeorras ou el peculiar enclave del Couto Mixto terán tamén un protagonismo destacado.

A curtametraxe pode ser visionada na web de Avid http://www.avidarena.com/
Web Fronteiras http://www.fronteiras.org/
Web do Play-Doc de Tui http://www.play-doc.com/


0/5 (0 votos)