Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[BALONMÁN]

A selección galega de balonmán, moi superior a Tunisia na súa estrea oficial

A selección galega de balonmán masculino venceu con comodidade na súa estrea oficial ante Tunisia (45-32). O pavillón dos deportes de Pontevedra acolleu un partido que foi dominado de principio a fin polos galegos. O equipo dirixido por Aleixandre López non tivo problema para superar en todas as facetas do xogo a Tunisia que se presentou sen os seus mellores homes. Os máis de douscentos afeccionados ao balonmán que se deron cita na cancha pontevedresa gozaron dun encontro espectacular e con moitos goles.

- 08:05 04/09/2006
Tags:

Foi ás oito e media da tarde cando deu comezo o encontro que enfrontaba á selección galega con Tunisia. Os galegos fixéronse co mando no marcador desde o primeiro minuto de partido. Así, alternando a defensa 5-1 coa 4-2 os de Aleixandre López deixaron sen ideas aos tunisianos no ataque. Foron precisamente os continuos roubos de balón dos africanos os que permitiron que Galiza se distanciase no electrónico grazas aos continuos contraataques.

Na primeira metade destacaron na faceta goleadora Xesús Soliño con cinco goles e Coque Fontenla con catro, sete e cinco respectivamente ao rematar o encontro. Rafael Dasilva, que na primeira metade marcou con autoridade o ritmo do encontro, tamén se destapou como goleador nos segundos trinta minutos rematando cun total de seis goles na súa conta particular.

Sen dúbida o mellor do encontro foi a espectacularidade coa que se anotaron moitos goles por parte dos dous equipos. Os afeccionados presentes gozaron dun partido con moito ritmo e quedaron emprazados a presenciar o debut da selección feminina o domingo pola mañá en Porriño.

Galiza – Tunisia: 45-32

Parciais:

5: 5-3
10: 8-5
15: 14-7
20: 17-8
25: 19-10
30: 22-10

35: 25-13
40: 29-18
45: 36-23
50: 38-25
55: 41-29
60: 45-32


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: