Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TRES ENCAPUCHADOS EN NOME DA BANDA AMEAZAN CON VOLVER ÁS ARMAS

A ETA sementa dúbidas sobre o proceso de paz aos seis meses de inicialo

Unha breve mensaxe publicada nun pé de foto na portada do xornal Gara, lida por tres encapuchados supostamente en nome da ETA sementou as dúbidas sobre o proceso de paz iniciado hai seis meses polo grupo armado coa comunicación do seu cesamento de fogo. Foi o sábado no transcurso dun acto polo Gudari Eguna (día do soldado basco) en Oiartzun no que tres homes co rostro cuberto subiro ao palco para ler un comunicado, supostamente en nome da ETA, chamaron a "seguir empuñando as armas de xeito firme até acadar a independencia e o socialismo de Euskal Herria". Aquí poden ler o comunicado enteiro en español.

- 08:48 25/09/2006
Tags:

Ao rematar o acto os encapuchados deron varios disparos ao aire e desapareceron entre o bosque, unha posta en escena moi propia en países como Irlanda ou Córsega, pero pouco habitual no País Vasco. Aínda así, non é a primeira vez que a ETA fala durante o Gudari Eguna. Ao acto de Oiartzun, no que participaron milleiros de persoas, non se lle permitiu a entrada á prensa, agás o xornal Gara.

O suposto comunicado prodúcese ún día despois de que se fixesen seis meses do anuncio de cesamento de fogo por parte da banda armada. Iniciado o proceso de paz, a súa lentitude parece inquietar o soberanismo vasco, e a reaparición dos actos violentos vénse mostrando nas últimas semanas con diversos actos da kale borroka. O dirixente de Batasuna Joseba Permach evitou comentar o comunidado de Oiartzun, pero si falou da "situación de bloqueo" pola que pasa o proceso de paz, ao que segundo el non axudan as "interferencias constantes" da Audiencia Nacional e das forzas de seguridade, nin tampouco a actitude do PSOE.

Pola súa parte Rodríguez Zapatero non aludiu expresamente ao comunicado, pero si lle lanzou unha advertencia á esquerda abertzale para que faga "só política e nada máis que política", asegurando que o Goberno español seguirá o proceso "con firmeza" e que "as reglas do xogo son claras: legalidae e paz".


0/5 (0 votos)