Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DAS REACCIÓNS INTERNACIONAIS Á SÚA PROBA ATÓMICA

Corea do Norte advirte que entenderá as sancións como "declaración de guerra"

"Consideraremos unha declaración de guerra a imposición de sancións a gran escala que inclúan un embargo total". Así de belixerante aparecía o discurso oficial desde o goberno de Corea do Norte este martes logo de que a comunidade internacional iniciase movementos para o castigo económico ao país despois do anuncio o pasado luns da realización do seu primeiro ensaio nuclear. Segundo o anuncio realizado polo executivo norcoreano, que aumenta considerablemente a tensión na zona, a resposta será "tanto máis contundente canto máis fortes sexan as presións". Ao tempo, Corea do Norte subliña que a aceleración do seu programa nuclear quere reforzar o seu "poder disuasorio" fronte ás ameazas internacionais e solicita que Estados Unidos sexa o seu interlocutor directo nesta crise, solicitándolle ao goberno estadounidense que reduza a hostilidade do seu discurso cara ao país.

- 09:00 11/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)