Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVO PROXECTO DO CANTANTE DOS HEREDEIROS DA CRUS

Novo disco de Ruxe Ruxe e estrea de Jabon Blue

O que queda do bravú aínda saca discos, e faino este outono da man do selo Pai Música (Producións Audiovisuais Inxeniosas), que vén de poñer nas tendas Comercial o último LP dos composteláns RuxeRuxe, e mais o novo proxecto de Javi Maneiro, o que fora cantante dos Heredeiros da Crus. Chámase Jabon Blue e o título do disco é La música va por dentro. Da portada do mesmo pouco temos que dicir.

- 11:51 25/10/2006
Tags:

"Máis da terra que as miñocas". Así se definen os Ruxe Ruxe neste novo disco, onde presentan "once pezas onde os de Aríns nos dan outra volta polo seu estilo de guitarras punk-rock, melodías gaiteiras roubadas á tradición e textos que falan da realidade que rodea á banda". Comercial foi gravado nos estudios Casa de tolos por Segundo Grandío e producido polo propio grupo.

Nas súas propias palabras "Comercial son once cavilacións en venda. Son once ideas cativas e retorcidas que se trocan por diñeiro e que endexamais estarán de saldo. Comercial son once principios escritos en papel de fumar e que combusten entre os beizos mentres enervan os teus argumentos. Comercial es ti mercando a nosa ialma... Once temas do mellor rock en galego, música que non se vende en tempos nos que todo se compra".

Porén, o disco está nas tendas dende o luns, e en ningún sitio o regalan, aínda que na web podemos escoitar unha das cancións nada máis entrar. Ruxe Ruxe presentarán o disco en directo na Sala Capitol de Santiago o vindeiro 5 de decembro, e para a estrea contarán coa presenza do seu colega Markinhos Drikin, revelación deste ano grazas ao Iogur de fresa no concurso A polo ghit!.

Jabon Blue
Tampouco podemos adiantar moi máis do novo disco de Javi Maneiro, pois o enderezo web facilitado pola discográfica aínda non funciona. A folla promocional fala de "15 temas do máis puro rock and roll que abordan os temas intemporais característicos desta música", e por sorte atopamos no Youtube un videoclip coa canción El hombre del saco.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: