Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MALA EVOLUCIÓN DURANTE O ÚLTIMO MES

Galiza é a segunda comunidade onde máis sobe o paro

Un total de 7.156 novos parados apareceron nas listas galegas dos servizos públicos de emprego durante o mes de novembro, incremento que só foi maior nas Illas Baleares, con 10.786 parados máis. O total de desempregados queda así en 158.690 persoas e malia a suba do último mes, indica unha significativa redución con respecto a novembro do ano pasado, un 8.19% menos de desemprego. Desde o sindicato UXT-Galicia, avalían positivamente o incremento da estabilidade no emprego, destacando que este novembro se convertiran en indefinidos o dobre de contratos que hai un ano. Malia iso, advirten de que unha elevada porcentaxe dos parados actuais son de "difícil ocupabilidade" e chaman a atención especialmente sobre a mala situación das mulleres no mercado laboral. Durante o último mes, só catro comunidades conseguiron reducir o desemprego, Madrid, Murcia, Canarias e Euscadi.

- 08:06 05/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)