Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[MOTOR]

Galiza queda sen representantes no Dakar

Mala sorte para os participantes galegos no rali Dakar. O mércores foi Fran Gómez Pallas quen tivo que abandonar logo de sufrir un problema no tanque de combustíbel da súa moto. Na xornada seguinte, un problema na transmisión obrigou os pontevedreses Xosé López Rivas e Paulo Malvar a dar por finalizada a súa participación na categoría de turismos. Malia o abandono, os tres galegos permanecerán en África. No caso do motorista, seguirá a ruta co seu equipo para axudar no que faga falta. Pola súa parte, a parella pontevedresa realizarán o percorrido en paralelo até a meta no Lago Rosa.

- 11:24 12/01/2007
Tags:

Foi no transcurso da cuarta tirada cando Fran Gómez Pallas sufriu unha avaría no depósito de combustíbel da súa Yamaha. O carballés estivo todo un día só no medio do deserto procurando arranxar sen éxito o tanque. Logo de pasar unha dura noite á intemperie o piloto galego deu por finalizada a súa participación nesta edición do Dakar.

Non correu mellor sorte a parella formada por Xosé López Rivas e Paulo Malvar. Os pontevedreses sufriron a rotura da transmisión do seu Mitshubishi no transcurso da quinta tirada. O turismo quedou encallado no medio dunhas dunas e nin sequera o camión de asistencia do seu equipo puido rescatalo. Iso obrigou os galegos a pasar a noite no coche á espera de que unha caravana de todo terreos os axudasen. A avaría non vai impedir que os galegos completen, aínda que non oficialmente, o percorrido até a meta final no Lago Rosa.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: