Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A FOTOBLOGOTECA INCORPORA AS IMAXES SUBIDAS POLOS USUARIOS AOS SEUS BLOGS

Abertal presenta un sistema propio de xestión de fotoblogs

A empresa carballesa Abertal Networks incorpora ao seu servizo de xestión de blogs blogoteca.com a posibilidade de engadir galerías fotográficas e mesmo crear fotoblogs. As imaxes que se suban ás bitácoras persoais aparecerán automaticamente no enderezo fotoblogoteca.com, onde se poderán compartir e consultar.

- 10:29 26/01/2007
Tags:

É o primeiro servizo de xestión de diarios en imaxes desenvolvido por unha empresa galega, e permite crear, listar e editar galerías dun xeito sinxelo e gratuíto. Todos os usuarios da Blogoteca teñen a posibilidade de crear o seu propio fotoblog. Dende Abertal aseguran que iniciativas como esta demostran que unha pequena firma da Costa da Morte pode estar ao nivel de calquera outra do mundo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: