Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GALIZA RESÍSTESE A ABANDONAR O PAPEL, A PESAR DO AFORRO ECONÓMICO

Cataluña tamén deixará de imprimir en papel o seu Diario Oficial

Logo de que o Diari Oficial de Generalitat Valenciana, DOGV, en papel pasase á historia o pasado día 1 de xaneiro, Cataluña segue avanzando na mesma dirección. Este mércores a Generalitat aprobou un anteproxecto para deixar de imprimir o documento. Ao igual que en Valencia, aléganse razóns de aforro económico e ecolóxico. Mentres, en Galiza, tal e como xa lle adiantaramos, a Xunta limítase a rebaixar o DOG impreso a 4.000 exemplares. En 2006 a impresión en papel custoulles aos galegos 1,8 millóns de euros.

- 09:54 31/01/2007
Tags:

O paso que vai dar Cataluña suporá un aforro de 350 toneladas de papel cada ano. Os cataláns lerán o documento oficial por internet e tamén poderán acceder a el dende as librarías e as bibliotecas públicas. O Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya, DOGC, naceu en 1931, e durou oito anos, co nome de Butlletí de la Generalitat de Catalunya. En 1977, logo da ditadura, volveu editarse.

Mentres tanto aquí, como xa lles adiantamos en decembro, a Xunta limítase a reducir a tiraxe do DOG. En 2006 imprimíanse 5.500 boletíns por día e isto custáballe aos galegos 1,8 millóns de euros anuais. A Consellería de Presidencia sinalou que a partir deste ano o número de exemplares impresos reducirase a 4.000. A diferenza do que ocorre en Cataluña e Valencia, en Galiza semella que o aforro económico e ecolóxico aínda non é prioritario.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: