Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O EMPRESARIO CORUÑÉS REXEITOU ENTRAR EN IBERDROLA

As grandes eléctricas tentan a Jove para que invista nos seus proxectos

Dende que transcendeu que Manuel Jove se ía desfacer da maior parte de Fadesa, as ofertas das eléctricas non paran de chegar. O empresario coruñés vai recadar 2.000 millóns de euros pola venda de Fadesa ao madrileño Fernando Martín. Unha das compañías que xa lle ofreceu unha alianza a Jove foi Iberdrola. Detrás estarían as intencións de propiciar unha fusión entre esta eléctrica e Unión Fenosa. Polo de agora, Jove xa rexeitou depositar neste sector o seu capital.

- 13:07 26/02/2007
Tags:

Segundo informa o xornal electrónico El Confidencial, antes da oferta de Iberdrola, Jove tamén foi tenteado por Endesa. Dúas serían as razóns polas que o coruñés non quixo entrar na negociación: o cariz político do caso e o elevado prezo das accións. Ademais, Jove vén de vender o 5% que tiña en Unión Fenosa á construtora ACS.


0/5 (0 votos)