Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR UN PRESUNTO DELITO URBANÍSTICO

Un xulgado investiga a construción dunha piscifactoría de Pescanova en Oia

O Xulgado número 1 de Tui ten aberto un caso no que están imputados un directivo de Pescanova e membros da anterior corporación de Oia. A xustiza investiga graves irregularidades urbanísticas nunha planta que estaría a invadir a zona marítimo-terrestre do municipio.

Redacción - 18:43 05/03/2007
Tags:

Os tribunais investigan unha planta de rodaballo que posúe a empresa Insuiña S.L., filial de Pescanova, no lugar de Mougás. A denuncia chegou ao xulgado en 2005, logo dunha denuncia presentada por axentes do Seprona. Segundo publica El País, en abril de 1999 a Consellería de Ordenación do Territorio rexeitara o proxecto. Parte dos 10.000 metros cadrados que ocupaba a piscifactoría invadían terreos protexidos do litoral.

O Concello de Oia concedeu un ano máis tarde licenza de obra amparándose nun informe do arquitecto técnico municipal. O alcalde popular, Rodríguez Miniño, delegou as competencias do expediente no seu concelleiro de Urbanismo, Manuel Acevedo. Agora figuran como imputados o director de Insuiña, o aparellador e o devandito edil.

Aínda que a Xunta informou negativamente no seu momento, a filial de Pescanova seguiu adiante coas obras. En marzo de 2004, a Dirección Xeral de Urbanismo abriu un expediente para a reposición da legalidade. Aínda así, a actividade non se interrompeu.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: