O Instituto da Muller acaba de presentar unha ferramenta que ofrece alternativas para a linguaxe sexista. O programa 'Nombra.en.red' é un dicionario electrónico en castelán que se instala no ordenador e propón medidas como substituír os xenéricos masculinos por outros non marcados, e ter en conta expresións e tratamentos machistas, A ferramenta é en castelán, pero podemos obter unha serie de recomendacións válidas para o galego.
Portada do Nombra
Existían precedentes, como o Libro de estilo para evitar o sexismo nos medios de comunicación editado por Bilgune Feminista (Bilbo), pero agora o castelán xa conta cunha ferramenta en liña para buscar alternativas aos usos patriarcais da linguaxe. O libro Nombra fora xa editado no 94, e agora contra coa súa versión dixital. Neste recurso, que se pode descargar de balde xunto con outros na web do Instituto da Muller, Mercedes Bengoechea recopila varios textos e agrupa expresións sexistas. cada unha delas ten asignadas varias alternativas. En galego aínda non se dispón dunha ferramenta semellante.
Mais hai recomendacións que se poden ter en conta: o trato "Señorita" por oposición a "Señora" para diferenciar unha muller solteira doutra casada (recollido polo dicionario da RAG), trazo que non se atopa no tratamento dos varóns, é discriminatorio. Por outra parte, hai unha serie de suxestións que cómpre ter en conta: o emprego de termos colectivos como "estudantado", "profesorado", "cidadanía", por oposicións a "profesores", "estudantes", "cidadáns", de xenéricos absolutos ("a redacción" por "os redactores"), ou termos non marcados ("persoa", "xente" ou "ser humano", segundo o contexto, na vez de home). Incluso reproducións inconscientes que se fan da linguaxe ("ás mulleres foilles concedido o dereito ao voto") merecen unha reflexión antes de escribir, para evitar connotacións sexistas: "as mulleres obtiveron o dereito ao voto". Un estudo de Álvaro García Meseguer ordenou nunha secuencia as linguas do mundo dende o finés (1% de discriminación lingüistica) até o árabe (90%). Polo medio atópanse dende o sueco (8%) e o inglés (15%) até o catalán (70%) e castelán (80%). Aínda están por facer estudos sobre o galego, e, se cadra, desenvolver ferramentas que sirvan de apoio.
Como pode ser que unha lingua sexa sexista?. Podo comprender que certas expresión idomáticas o sexan pero non a gramática ou a lingua en conxunto. Porqué é sexista dicir "todos" ó se referir a un grupo de persoas e hai que dicir "todas e todos" (por exemplo)?. Que gramaticalmente se empregue o masculino para referirse a un grupo de persoas non implica un trato pexorativo cara ó sexo feminino, ou si?. É máis, a nosa gramática distingue directamente cando nos referimos só a mulleres usando ó feminino polo que mesmo se pode considerar que ocurre todo o contrario: que usar o feminino é a excepción, coma se fora algo que se considera notorio e digno de destacar.
Sinceramente, este tipo de estudos son inútiles, futís e mesmo deleznables pois inciden nunha "guerra" sexista creada artificialmente. Considero que é tan perigoso ideolóxicamente o machismo coma o feminismo e abusar do vistimismo non fai que ningún sexa admisible.