ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Quintana apóiao e di que as acusacións son "mentiras"

Antón Losada asegura que a situación da súa empregada de fogar era legal

O secretario xeral fixo público na tarde do sábado o seu “estupor e desprezo” polo feito de que o Partido Popular lle pedise explicacións polo suposto despido improcedente da súa asistenta.

Redacción - 09:30 11/03/2007
Losada deféndese do “rumor” difundido “sen proba ningunha”.

Losada deféndese do “rumor” difundido “sen proba ningunha”.

Nunha información publicada esta semana por Libertad Digital, asegurábase que Losada despedira a súa asistenta de fogar sen indemnización. Segundo o xornal madrileño, a traballadora, que escribiu unha carta denunciando o caso, non tiña seguro e foi despedida logo de pedir un aumento salarial.

A través dun comunicado oficial, Losada lembra que hai un decreto que sinala que o servizo doméstico a tempo parcial non precisa contrato a través do servizo público de emprego. Di ademais que ao ser un contrato verbal por menos de 80 horas ao mes é responsabilidade do traballador dispor de seguro, e que efectivamente a súa asistenta o tiña, “proba diso é que cando lamentabelmente sufriu unha grave enfermidade o seu seguro fíxose cargo da baixa”.

En contra da información publicada, Antón Losada tamén asegura no comunicado que a traballadora non tivo responsabilidade na educación e coidado da súa filla e subliña que deixou voluntariamente o emprego “porque tiña ofertas mellores”.

Apoio de Quintana

Pola súa parte, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, amosou na mesma tarde do sábado o seu apoio a Losada. Nesta liña, logo do Consello Nacional do BNG, o voceiro nacionalista dixo que non comenta "mentiras nin contribúo a facer noticias das mentiras”.


4,21/5 (19 votos)


Comentarios (4)

Boedense #1 11/Marzo/2007 Boedense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paréceme un pouquiño oportunista a intervención da ex-empregada de Antón Losada. Lémbrame a eses denostados programas do corazón no que calquera individuo solta a barbaridade máis enorme que se lle poida ocorrer sobre outra persoa e, aínda por riba, a persoa afectada polos vituperios ten que presentar documentos que demostren a súa inocencia. Se a ex-empregada non ten probas que demostren as súas acusacións está demostrando a baixeza moral que posúe. Realmente patético. En caso de presentar probas que testemuñen as súas acusacións hai que deixar que a Xustiza actúe.

llorllidan #2 11/Marzo/2007 llorllidan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

aí falaches!

Fer #3 11/Marzo/2007 Fer
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se há umha situaçom ilegal e denunciável... que o denuncie!
Nom é por defender a um impresentável como Losada, mais este tema fede...

DanielErreCe #4 15/Marzo/2007 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non acredito moito das acusacións oportunistas que poida facer na prensa esta señora. A ver que din os tribunais ao respecto. De todos xeitos, este tipo é un verdadeiro perigo en postos de tanta responsabilidade. Vai "sobrado" de vez e ten uns trazos autoritarios que prefiro non comparar, pero que non son de recibo nun goberno progresista. Faría ben o BNG se prescinde canto antes do señor Losada.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: