Galiza é a comunidade autónoma onde máis se incrementou, cun 15% respecto ao ano anterior.
Segundo un estudio do Grupo BBVA, Galiza foi en 2006 a zona do Estado na que máis subiu o prezo da vivenda. As cifras sinalan que no último ano o incremento foi do 15%, o que supón cinco puntos máis ca media española.
O estudo sinala ademais que no caso galego a suba dos prezos non se desacelera, como si ocorre no resto do Estado, a excepción de Cantabria. E é que en 2004 o incremento foi do 13%, e en 2005 do 14%, mentres que no conxunto de España o incremento creceu catro puntos menos có ano anterior.
Aragón segue a Galiza no ranquin cun 14%. Cantabria rexistra un 13 e Baleares, La Rioja e Cataluña un 12. No outro extremo sitúanse Navarra (7%), Madrid e Canarias (8%) e Murcia e Extremadura (9%).
Así que a rexión onde máis se incrementou, eh? Manda carallo...
Este dato amosa cunha política de xeración de vivenda de protección pública NON É SUFICIENTE nestes momentos precisamos VIRAR O RUMBO dos especuladores do ladrillo e para ‘virar’ compre enviar unha mensaxe clara ós que pensan que poden seguir ‘engordando’ coas necesidades da xente.
Dende un IMPOSTO ESPECIAL ás vivendas desocupadas (que en VIGO só son ó redor de 15.000) ata promover a Okupación Constitucional das vivendas que ameazan ruína, deberamos enviar unha mensaxe contundente ós que se agochan no capital para seguir especulando co solo urbán.
Basta xa de compoñendas que convirten ó Dereito á Vivenda nun dereito subxectivo mentres Bancos i Especuladores fan o seu ‘agosto’ con total impunidade!
Algúns dín que "en Galiza vai chover cemento"… e, senon freamos a tempo entre todos, choverá… seguro que CHOVERÁ CEMENTO!
Choverá tanto cemento que non imos saber onde meternos para vivir.
Paradoxas do capital: canto máis ricos son uns poucos máis hipotecados estaremos tódolos demáis…!
MANIFÉSTATE PASA A CONVOCATORIA:
24 de Marzo 17:00 HORAS
A Coruña: Plaza de Maria Pita
Vigo: Porta do Sol
Manifestación Estatal polo dereito á Vivenda.
Art.47 Constitución. Aquí tedes máis información:
http://bcn.vdevivienda.net/2007/02/15/por-primavera-seguimos-en-la-calle