Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Nos Encontros do Club Internacional de Prensa

A embaixadora Mai Al Kaila achéganos á historia palestina

A embaixadora de Palestina en Chile, Mai Al Kaila, participará no espazo de debate e reflexión do Club Internacional de Prensa 'Os encontros do Club', cun breve percorrido pola historia de Palestina, a análise do presente e as perspectivas de futuro, titulado 'Palestina: onte, hoxe, mañá…', este xoves 15 ás 20.00, na Aula Sociocultural Caixa Galicia de Compostela.

Redacción - 12:01 12/03/2007
Convite do Club Internacional de Prensa

Convite do Club Internacional de Prensa

Mai Al Kaila naceu en Xerusalén en 1955. Estudou nas Escolas Católicas de Biz-Zeit e Ramallah. En 1986 foi prisioneira política nos cárceres de Israel. Diplomouse en Enfermería da Escola da Federación Luterana Mundial, en Xerusalén. É diplomada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Granada. No 1992 obtivo o seu Maxisterio de Saúde Pública da Universidade de Berkeley en California. É especialista en Obstetricia e Xinecoloxía. Fundou, entre 1992-1995, na UNRWA para os refuxiados palestinos, os programas de Planificación Familiar e Maternidade Segura na franxa de Gaza e La Ribera Occidental. Ata o 2005 traballou coa UNRWA como responsable da saúde pública / materno-infantil dos refuxiados palestinos. En Novembro de 2005 foi asignada como Xefa da Misión Diplomática para Palestina en Chile. Antes, estivera no Directorio da Unión Xeral de Estudantes Palestinos en España, comezando como coordinadora dos asuntos culturais para rematar como Secretaria Xeral desta delegación en España.

Dende 1993 ao 2005, foi membro do Comité Superior de al Fatah, Secretaria Xeral da Oficina do Movemento de Mulleres en al Fatah, presidenta da Asociación das Mulleres de Birzeit, membro honoraria en ducias de oenegués Nacionais, rexionais e internacionais; activista nas áreas do Movemento de Mulleres, Xustiza e Paz e en materia de Dereitos Humanos. Representa a Palestina en numerosas Conferencias rexionais e internacionais. É investigadora e escritora.

A doutora fará un resumo histórico da antiga Palestina dende a época de dende antes de Cristo, pasando polo dominio baixo diferentes imperios: dende o Romano até o Turco - Otomano. Percorrerá os séculos XIX e XX de Palestina: o Primeiro Congreso Mundial Sionista en Basilea, Suíza; a Primeira Guerra Mundial e consecuencias, Declaración Balfour, Acordos Sykes - Picot, Protectorado Británico; situación en Palestina entre guerras; termo unilateral do Mandato Británico en Palestina; a Organización das Nacións Unidas e a Cuestión Palestina; Resolucións das Nacións Unidas. Dende a Resolución 181 de Partición de Palestina; as consecuencias da creación do Estado de Israel e Al Nakba. Os Refuxiados Palestinos. A Guerra dos Seis Días de 1967: a creación da Unión Xeral de Estudantes Palestinos (UGEP - GUPS) por Yasser Arafat e creación da Organización para a Liberación de Palestina -OLP; a súa reorganización a partir de 1967; a loita a nivel político, diplomático, e militar levada a cabo pola OLP; o recoñecemento internacional dos dereitos inalienables do pobo palestino e da OLP como único e lexitimo representante do pobo palestino; a Declaración de Independencia en Arxel 1988; os acordos internacionais asinados entre Israel e a OLP; a entrada de Yasser Arafat e o nacemento da Autoridade Nacional Palestina; a non implementación dos acordos firmados e as consecuencias ata o falecemento do Presidente Arafat, forman tamén parte do contido da conferencia.

O Muro construído por Israel, a situación actual e as solucións para a cuestión de Palestina; a situación da Muller Palestina e a súa experiencia en Palestina, que naceu, creceu e loitou para a liberación e xustiza Palestina, porán o punto e final á intervención da Embaixadora de Palestina en Chile.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: