Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas a Rafael Louzán

O PP ofrécese en Montevideo para "tramitar" o voto

Socialistas e nacionalistas acusan os populares de tratar de captar o voto da emigración "mediante enganos".

Redacción - 09:00 13/03/2007
Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra

Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra

"Perversión democrática" foi a definición escollida este luns por Marisol Soneira, secretaria de Políticas Migratorias do PSdeG, para referirse ás prácticas de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, durante unha visita a Uruguai.

O motivo: o acto celebrado en Montevideo onde se lle esixía aos emigrantes que levasen o Documento de Identidade ou o pasaporte para que o PP lles realizase os trámites necesarios para votar nas vindeiras eleccións municipais.

A socialista acusou aos populares de entregarlle a representación da Deputación "a un único partido político o seu" e "avalar prácticas mafiosas como as de roubar a sinatura e o pasaporte de todos aqueles que de boa fe pretenderon asistir a un acto que pensaban que era da institución e resultou ser do Partido Popular". Soneira lembrou que xa en comicios anteriores os populares convidaran aos emigrantes a ir votar "á sede do PP, por baixo dunha gran foto de Fraga".

Iniciativa parlamentaria
Diante do acontecido, o deputado do BNG Iago Tabarés presentou unha iniciativa parlamentaria onde se fai eco do suceso, solicitándolle ao secretario xeral de Emigración que investigue o suceso fronte á posibilidade de que acontecese o mesmo noutras ocasións.

O deputado nacionalista tamén propuxo que se adopten medidas que eviten casos similares e freen todo procedemento irregular e intento de manipulación dos electores na emigración. Nesa liña, suxeriu facer campañas divulgativas na diáspora para "advertir da existencia de prácticas contrarias ás garantías democráticas".


4.6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: