Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Emprega aceite usado como combustíbel

Un escocés dá a volta a Europa sen pasar pola gasolineira

Percorrer o continente sen gastar nin un céntimo en carburante é posíbel. Antony Berretti demostrouno coa súa furgoneta Fiat Scudo.

Redacción - 11:25 13/03/2007
Mapa da viaxe

Mapa da viaxe

O escocés de orixe italiana partiu o 24 de abril pasado da cidade francesa de Calais e rematou en Escocia no mes de xuño, despois de bordear Francia, España, Portugal e Italia. No mapa da viaxe de Berretti podemos comprobar que o seu vehículo ecolóxico estivo no noso país entre o 1 e o 2 de maio, aínda que non acadou repercusión pública até que entrou en Portugal. Alí foi recibido por membros do colectivo ecoloxista Quercus.

O emprego de aceite residual como carburante pretende ser unha alternativa ao uso de combustíbeis de orixe fósil. Segundo os promotores da iniciativa, o produto ten unhas características semellantes ao gasóleo, aínda que é máis espeso e precisa dun filtrado especial para evitar danos no vehículo. Ademais, os vehículos hanse de someter a unha adaptación que pode custar dende 700 euros. Pero cada vez máis xente se está a sumar a este movemento


4,64/5 (11 votos)


Comentarios (2)

maroto #1 13/Marzo/2007 maroto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ben por Berreti! Seo fai en moto, a próxima vez que conte conmigo.

Colazo #2 13/Marzo/2007 Colazo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

un mecánico de Santa Comba xa preparara o seu Golf 1.9D por 250 € fai dous anos

http://www.codigocero.com/nova.php?ID=5245
http://1autochovil.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1170398114262&pubid=991068631227
http://colazo.blogspot.com/2005/11/pdese-pasar-do-petrleo.html

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: