Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CON ANTÓN CAEIRO, ERNESTO CARRATALÁ E LUÍS BARÁ

Documental e coloquio na UB: "Aillados. A memoria dos presos de 1936 na illa de San Simón"

O vídeo documental, dirixido por Antón Caeiro, expón a historia dos presos internados na illa de San Simón da ría de Vigo durante a Guerra Civil. A proxección na Universidade de Barcelona irá seguida dun coloquio no que participarán o director e mais Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural, responsable dos actos sobre a memoria histórica da Xunta de Galicia, xunto cun testemuño excepcional: Ernesto Carratalá, catedrático de hispánicas na mesma universidade e que fora preso no penal aos dezaoito anos. Informa Filoloxía Galega na UB.

Filoloxía Galega na UB - 10:00 13/03/2007

O audiovisual é froito dun traballo de oito anos nos que se recolleron testemuños dos presos na illa, protagonistas da historia. A investigación tamén deu coma resultado a publicación por Ir Indo dun libro como mesmo título que recolle abundante documentación gráfica e escrita, moita dela realizada clandestinamente polos mesmos presos.

O acto está organizado por Filoloxía Galega na UB, dentro das actividades de Rede.cat sobre a memoria histórica.

Aillados. A memoria dos presos de 1936 na illa de San Simón

Proxección e coloquio

Intervirán Luís Bará, Antón Caeiro e Ernesto Carratalá.

Venres 16 de marzo de 2007, ás 18 h
Edifici Històric, Aula 113
Universistat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 - 08007 Barcelona


3.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: