Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
GALEGO, ESPAÑOL E INGLÉS

O PPdeG propón escolas "trilingües"

A emisión na televisión pública galega de programas en versión orixinal, inglés, con subtítulos en galego é unha das ideas propostas por Alberte Núñez Feijoo, que por outro lado considera solucionada a "normalización" do galego.

Redacción - 13:15 13/03/2007
Feijoo propón que os rapaces estuden un terzo das materias nunha terceira lingua

Feijoo propón que os rapaces estuden un terzo das materias nunha terceira lingua

Logo de belixerantes posicións contra o favorecemento do galego nas aulas, e moi especialmente contra as galescolas, os populares propoñen agora as trilingüescolas. Galego, español e inglés. "Unha boa maneira de exportar o galego e a cultura polo mundo é sabendo un terceiro idioma", afirmou o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo.
Desde o PPdeG consideran que o recente consenso dos tres grupos parlamentarios "para garantir o ensino bilingüe" é abondo para a normalización do galego e afirman que o proxecto de lei agora presentado servirá para "darlle continuidade" ao decreto.

Con todo, o conxunto de iniciativas presentadas polos populares inclúe apostas importantes para a mellora do ensino doutras linguas, como é o estabelecemento dun "cupo suficiente" de profesores que sexan capaces de ensinar materias non lingüísticas noutros idiomas.

Son media ducia de ideas para que mozas e mozos de Primaria e Infantil dominen tres linguas "en canto cumpran os 18 anos". Así, alén do galego e o español, os rapaces estudarían un terzo das materias noutra lingua. Unha iniciativa que, en opinión dos populares, serviría para facerlle fronte "aos retos derivados da integración na Unión Europea e a crecente globalización económica e social".

Desde o curso 2007-2008
O PPdeG considera que sería posíbel que desde o próximo curso todos os centros públicos inclúan tamén programas de "anticipación da lingua estranxeira" no segundo ciclo da educación infantil, entre os 3 e os 6 anos de idade. Lembran que neste momento só algúns centros inclúen no último curso de infantil unha hora á semana de inglés.

Piden ademais que se impulse a introdución de "seccións europeas" en centros de ESO, Bacharelato e Formación Profesional, que contribúan a reforzar a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, incorporándoa a outra materia. O proxecto inclúe a chamada a fixar por lei un compromiso explícito da Xunta para incrementar o número alumnos e profesores que participen "en programas de mobilidade transnacional orientados a impulsar o perfeccionamento de linguas estranxeiras".


2/5 (2 votos)


Comentarios (8)

flanoscopio #1 13/Marzo/2007 flanoscopio

É evidente que a situación do galego está xa normalizada. Só temos que dar unha volta pola Coruña ou Lugo para velo.
(Ironía, claro)

xabre #2 13/Marzo/2007 xabre

É evidente que a situación do galego está xa normalizada. Só temos que dar unha volta por toda Galiza (con gafas de realidade virtual) para velo.

maroto #3 13/Marzo/2007 maroto

Normalizada non, normal.

Fer #4 13/Marzo/2007 Fer

100% dacordo com Frijolito, escola trilingue: Galego-português, inglês, chinês! E o mundo aberto!

pordaralata #5 13/Marzo/2007 pordaralata

O Bloque xa incorpora o castelán nomeando ao xefe de servicio de cultura en lugo castelán-falante

baixominhoto #6 13/Marzo/2007 baixominhoto

O 50% do profesorado galego é incapaz de falar correctamente galego, de onde raios sacará Feijoo o profesorado competente en inglés? Da educación falan todos menos os que deberían: os mestres.

Xarope #7 14/Marzo/2007 Xarope

Estes "listinhos" tampouco inventarom a roda (que já estava inventada):

http://www.agal-gz.org/blogues/index.php/vogal?cat=101

Avante !

antodios #8 18/Marzo/2007 antodios

Está ben que se favorece a aprendizaxe dun idioma estranxeiro no país, pero antes deberían defende-lo noso idioma que está a desaparecer. Eu vivo na Coruña e poido pasar moitos días sen atoparme unha soa persoa que me responda en galego. Somentes existe o castelán na Curuña. Que gran triunfo das políticas lingüísticas do PP e do PSOE.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: